|
-
No mes de decembro, celébranse a interpretación de O Mesías de Händel por Gabrieli Consort and Players, o concerto da Orquestra Sinfónica de Castela e León e a Misa en fa menor de Anton Bruckner. Xacobeo Classics estivo presente en pequenos e grandes escearios de toda Galicia.
-
O congreso, no marco de Camiño de Reflexión, reúne entre o 15 e o 19 de decembro na capital galega a historiadores de todo o mundo que participan neste evento internacional cada Ano Santo desde 1993.
-
O Seminario Internacional Loci Iacobi, que reúne a expertos de varios países en Ourense, permite albiscar a forza coa que se espallou o poder de atracción de Compostela entre todos os países da cristiandade.
-
As fotografías, tomadas desde 1974 ata a actualidade en Galicia, ofrecen a persoal visión de García Rodero sobre unha Galicia intemporal, onde se entrelazan a relixión e os ritos pagáns. A exposición, que forma parte do Camiño Contemporáneo, pode visitarse ata o 13 de febreiro no CGAC.
-
http://galiciacaminodopapa.xacobeo.es é a web que pon en marcha a Xunta de Galicia para seguir a visita do Papa a Compostela o 6 de novembro. Inclúe o percorrido que o Papa fará dende o aeroporto de Labacolla ata a catedral, onde veciños, peregrinos e visitantes de Santiago de Compostela poderán saudar a Benedicto XVI no seu recorrido no Papa móvil.
-
As conferencias do Premio Cervantes Antonio Gamoneda e do escritor italiano Erri de Luca pechan o xoves 28 de outubro o programa de reflexión e diálogo organizado polo Xacobeo 2010, Camiño ao Andar, polo que pasaron Shlomo Ben Ami, Félix de Azúa, Gerard Mortier, Rafael Moneo ou Michel Bauwens, entre outros.
-
O considerado como o grande congreso do Camiño de Santiago, organizado por Xacobeo 2010 e o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, analiza as peregrinacións a Santiago, Roma e Xerusalén.
-
O conselleiro de Presidencia reúnese cunha delegación internacional de xornalistas vaticanistas para coñecer polo miúdo o dispositivo especial que se vai poñer en marcha para a visita do Papa a Galicia.
-
Achegar os valores do camiño de Santiago aos máis pequenos é o principal obxectivo do libro, a curtamentraxe e a obra teatral que integran a iniciativa didáctica O fillo do trono para estudiantes do 2º ciclo de Primaria dos centros galegos.
-
Máis de 2.000 persoas da Diócese de Lugo peregrinan o 25 de setembro a Santiago de Compostela con motivo do Ano Santo 2010. Esta peregrinación está acompañada polo Orfeón Lucense e baixarán xuntos desde o Monte do Gozo ata a Catedral de Santiago.
|
|