|
-
A xornada está organizada pola Consellería de Cultura e Turismo no marco do Proxecto Ultreira que promove o turismo sostible cultural, relixioso e patrimonial vinculado ás rutas marítimas e interiores a Compostela.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta calificou a Catedral de Santiago como un “patrimonio fundamental da arte universal no que está representado o talento e o esforzo dos galegos que a través dos séculos outorgáronlle a súa imperecedoira relevancia".
-
A Consellería de Cultura e Turismo solicitou en numerosas ocasións dende comezos do Ano Santo á Dirección General de Loterías y Apuestas del Estado a colaboración co Xacobeo 2010, pero este organismo só puxo obstáculos e falta de interese.
-
Este proxecto foi seleccionado en 2009 polo Programa Cultura 2007-2013 da Unión Europea. Foi o único galego dos tres elixidos en España e contou coa participación de 25.000 nenos europeos durante o seu desenvolvemento en 2010.
-
O conselleiro de Cultura asegura que a iniciativa Libro de Pedra sobre a Catedral de Compostela “reúne pasado e futuro nun mesmo espazo virtual coas máis modernas ferramentas, unindo as novas tecnoloxías e os símbolos máximos da riqueza patrimonial do noso país”.
-
Os datos recollidos no resumo climático do 2010 na Comunidade Galega, elaborado por MeteoGalicia, revelan que o ano 2010 quedou marcado por unha alta variabilidade meteorolóxica determinada principalmente por unha circulación en altura moi meridiana, que achegou influencias directas de latitudes moi ao norte ou ben moi ao sur.
-
A Consellería de Cultura e Turismo colaborou na produción do número Especial Xacobeo 2010 da revista Biblos Clube de Lectura: unha edición trilingüe que reúne unha escolma da produción literaria e musical galega para achegarse ao fenómeno xacobeo, ao Camiño e a Galicia como destino.
-
O presidente da Xunta agradece a xenerosidade da Federación Española de Fútbol “por cumprir a palabra dada e estar aquí, coa Copa do Mundo antes de pechar a Porta Santa que non se volverá abrir ata o ano 2021”.
-
Na xornada Camino de Santiago: Destino Xacobeo 2021, que organiza a Asociación Amigos dos Pazos, destacouse a potencialidade das rutas xacobeas que, según datos da Xunta, duplicaron os viaxeiros nos primeiros dez meses do ano, polo que piden traballo cara o Ano Santo de 2021.
-
Compostelle 2000, la asociación jacquaire parisina, y el CÍrculo Cultural Gallego De ParÍs (Cicugapa) organizaron el domingo, 12 de diciembre de 2010, una marcha a través de París. Todo un éxito dedicado al proyecto de marcación del Camino de Compostelle en la región de París con clavos de bronce con el símbolo europeo del Camino.
|
|