|
-
Trátase da XIV edición da SacroExpo, considerada a máis importante de Europa no seu xénero e que reúne na cidade polaca de Kieice a 300 expositores de todo o mundo. Este ano incorpora novidades como tecnoloxías para o deseño de espazos verdes.
-
O libro Santiago de Compostela, un camiño de estrelas á eternidade, de gran dimensión espiritual, que conxuga texto e fotografías, foi presentado na Casa de Galicia en Madrid polo seu autor, José Luis Pardo Caeiro, escritor e fotógrafo.
-
No primeiro trimestre deste ano, a cifra de peregrinos que percorreron o Camiño Francés medrou un 67% a respecto dos tres primeiros meses de 2012. Según estas cifras, percorreron esta ruta xacobea a Santiago un total de 3.724 persoas, do total de máis de 6.000 peregrinos que recibiron a Compostela.
-
Dirixida pola emprendedora Mariela Villar Romarís, a nova firma dedicarase á innovación e á excelencia en coaching a través de diversas actividades centradas no Camiño de Santiago. A iniciativa xurde no espazo de coworking Emprende Cultura Gaiás para fusionar o crecemento persoal e o auto-coñecemento.
-
O Consello da Cultura Galega promove en Compostela unhas xornadas de estudo e debate sobre a protección dos camiños históricos en Galicia, no seo da que se anunciou o inicio dos estudos para o recoñecemento oficial dos Camiños de Inverno e Portugués da Costa.
-
Turismo de Galicia a través do Xacobeo, acude por quinta vez consecutiva a esta feira dada a importancia crecente dos peregrinos procedentes de Irlanda que camiñan a Compostela. O Xacobeo proporcionará información de Galicia en xeral como destino.
-
O Xacobeo participa en Montreal na feira de turismo international “Tourisme voyages” e abre unha mostra sobre o Camiño en Melbourne. Ata o 15 de novembro, o Goethe–Institut Australien de Melbourne acolle a exposición sobre o Camiño, Memoria de peregrinación.
-
Ata o 1 de novembro exhíbese na Casa de Galicia en Madrid esta mostra didáctica sobre a historia e os contidos do Calixtino, a época na que se fixo e unha síntese da historia do Camiño e dos seus valores culturais. A mostra verase tamén en León, Málaga, Pamplona, Munich, Berlín ou Roma.
-
Responsables do Ministerio de Turismo israelí visitan o Xacobeo na busca de asesoramento e colaboración para promover en Israel a “Ruta do Evanxeo”. The Gospel Trail é unha rede de camiños que dende as aforas de Nazareth ata a costa do mar de Galilea transcorre polas terras que percorreu Xesús. Os representantes israelís percorren diferentes lugares do Camiño de Santiago e visitarán albergues e instalacións para peregrinos.
-
Trátase dunha mostra na que se recolle a evolución deste popular certificado de peregrinación dende 1733 a 1993, ata chegar aos catro modelos que actualmente expide a Catedral compostelá. Conta cunha ampla selección de documentos xacobeos realizada polo escritor Fernando Lalanda.
|
|