|
-
O IV Festival de Música de Compostela e os seus Camiños acolleu un total de 105 concertos en 40 vilas e cidades galegas nas localidades polas que discorren as rutas xacobeas e pechou esta edición cun récord de participación.
-
Hernán Henríquez, veterano director de animación cubano de orixe española, gaña o segundo sorteo virtual de Animacam.Tv (Festival Internacional de Animación Online 09) cun vídeo de 8 horas sobre a súa peregrinación.
-
Augas de Mondariz financia con 500.000 euros o proxecto do Xacobeo para o Ano Santo. A promoción do Xacobeo 2010 realizarase a través dos medios e soportes utilizados por Aguas de Mondariz.
-
Chega a 2ª Edición de Animacam.tv: Festival Internacional de Animación “Online” para creadores de debuxos animados que incorpora seccións paralelas nas que Internautas e Peregrinos crearán a biblioteca, fototeca e videoteca virtuais do Camiño de Santiago.
-
A Xunta de Galicia inicia un plan corrector das deficiencias detectadas nos concellos polos que atravesan as Rutas Xacobeas consultando ás Asociacións de Amigos dos Camiños e dos establecementos hosteleiros.
-
O Rei de España, don Juan Carlos de Borbón, expresou a súa intención de presidir os actos conmemorativos do 25 de xullo con motivo da celebración do Ano Santo Compostelán. Visitou por primeira vez a residencia de Monte Pío desde a súa inauguración en 2002.
|
|