|
-
O Goberno galego habilitará un centro de prensa internacional, elaborará un plan de emerxencias e a TVG subministrará a todo o mundo as imaxes da visita do Papa Benedicto XVI. Unha oficina coordinará as actuacións coa Santa Sede e o Arcebispado.
-
A mostra Ars Itineris-A viaxe na arte contemporánea aglutina ata o 10 de outubro a obra de 16 artistas. Destaca a do galego José Freixanes que, nunmanto de 160 metros composto por retais de roupa de persoas nadas fóra de España, reflicte a convivencia e diversidade de culturas no Camiño.
-
O conselleiro de Cultura presentou o concerto de Jean Michel Jarre no Obradoiro como unha “actuación en directo dun dos mellores artistas do panorama musical dos últimos 35 anos”. Jarre ofrece en Galicia o único concerto da súa xira europea en España.
-
Begano S.A. (Coca Cola) asina coa Xunta de Galicia un convenio de patrocinio por importe dun millón de euros para o Xacobeo 2010 o que, según o conselleiro, “demostra a implicación desta grande empresa co amplo e ambicioso proxecto que supón o Ano Santo” para toda Galicia.
-
A Xunta de Galicia, a Fundación Albéniz e Atos Origin firmaron o acordo polo que o Mestre Péter Csaba dirixirá obras de Haydn, Wagner e Strauss interpretadas no ciclo Xacobeo Classics promovido por Cultura.
-
Máis de 5.000 persoas mercaron a súa entrada para o concerto que Mark Knopfler dará o 28 de xullo en Santiago dentro do Xacobeo 2010. As localidade están á disposición do público en Caixa Galicia, El Corte Inglés e Ticketmaster.
-
A mostra audiovisual, enmarcada no Camiño Contemporáneo da programación de Xacobeo 2010, inclúe un vídeo no que peregrinos procedentes de distintos lugares do mundo relatan as súas experiencias, e recolle fotos sobre os diferentes Camiños de Santiago e a cidade de Compostela.
-
O cartel da noite solidaria do 24 de xuño a través do Help Concerto Xacobeo 2010 reúne en Compostela a Morcheeba e Juliette Lewis nun evento que ten como obxectivo afondar na concienciación sobre o cambio climático no mundo.
-
LITVI 2010, o Encontro Internacional de Literatura de Viaxes organizado por Xacobeo 2010 e que está enmarcado no Ano do Libro e da Lectura, inaugurou o congreso As literaturas do Camiño, que se celebra ata o mércores 23 de xuño no Centro Social de Caixanova de Santiago de Compostela.
-
A Coruña acolle o Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia Sónar Galicia 2010 considerado como un dos eventos máis importantes do mundo na música electrónica.
|
|