A Orquesta del Encuentro de Música y Academia de Santander actúa en Santiago de Compostela o 23 de xullo

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o director corporativo de desenrolo de negocio e membro do Comité Executivo de Atos Origin, Luis A. Pérez Castilla e a presidenta da Fundación Albéniz, Paloma O’Shea, asinaron na sede da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia o acordo de colaboración polo que a Orquesta de Cámara del Encuentro de Música y Academia de Santander actuará en Santiago de Compostela o vindeiro mes de xullo, dentro da programación oficial do Xacobeo 2010. O concerto da Orquesta de Cámara del Encuentro de Música y Academia de Santander celebrarase o venres 23 de xullo en Santiago de Compostela baixo a dirección do Mestre Péter Csaba, cun programa no que se inclúen a Sinfonía concertante para óboe, fagot, violín, violonchelo e orquestra de Joseph Haydn, o Idilio de Sigfrido de Richard Wagner, e O Burgués xentilhome de Richard Strauss.

A Orquesta de Cámara del Encuentro de Música y Academia de Santander, que se presenta con este concerto en Galicia grazas á colaboración entre a Xunta, a Fundación Albéniz e Atos Origin, está integrada polos músicos mozos procedentes das máis prestixiosas escolas de música europeas que cada ano participan no Encontro de Música e Academia de Santander, e foi dirixida por mestres como Vladimir Ashkenazy, Wolfram Christ, Hansjörg Schellenberger e Péter Csaba, director artístico do Encuentro. Na edición de 2010 o concerto inaugural correrá a cargo de Zoltán Kocsis.

Roberto Varela sinalou o evento como “un prestigioso festival académico e artístico musical” que representa “unha magnífica oportunidade para apoiar a promoción do programa de visitas á Cidade da Cultura e enriquecer o Xacobeo 2010”. O conselleiro de Cultura e Turismo amosou o compromiso do Goberno Autonómico coa música culta a través deste convenio asinado coa Fundación Albéniz e Atos Origin que supón “un pequeno paso máis no camiño do cumprimento coas nosas competencias en materia de fomento e difusión cultural”. Para Roberto Varela, o programa do Encuentro de Música y Academia de Santander, “achega a Galicia a algunhas das futuras figuras da música culta feita en Europa” mediante unha orquestra “formada por talentos sobresaíntes procedentes das máis prestixiosas escolas de música europeas, e dirixida polo mestre Peter Csaba”.

Roberto Varela manifestou o seu desexo por “achegar durante este 2010 unha escolma de música para todos os gustos a Galicia, diferentes formas de expresarse e vivir a música, distintos tipos de experiencias culturais e humanas nun contexto Xacobeo único”.

O Encuentro de Música y Academia de Santander foi creado en 2001 pola Fundación Albéniz e conxuga a organización de clases maxistrais a cargo de importantes mestres de instrumento e música de cámara coa celebración de máis de 60 actuacións musicais en Santander e outras localidades cántabras. Desta forma, o Encuentro reúne cada ano aos músicos mozos de maior talento de toda Europa, quenes traballan e conviven cos máis reclamados mestres de cada especialidade instrumental. Royal Academy of Music (Londres), Royal College of Music (Londres), Conservatorio Superior de Música y Danza (París), Escuela Superior de Música Hanns Eisler (Berlín), Academia de Música Ferenc Liszt (Budapest), Academia de Artes Escénicas (Praga), Academia Sibelius (Helsinki), Instituto Internacional de Música de Cámara de Madrid e Escuela Superior de Música Reina Sofía son as institucións das que proceden os alumnos que se seleccionan para o Encuentro. O Encuentro de Música y Academia de Santander conta, asemade, co importante apoio da Consejería de Cultura, Turismo y Deporte del Gobierno de Cantabria.

Atos Origin

A compañía internacional de servizos de tecnoloxías da información (TI), Atos Origin, ofrece servizos globais de transaccións de alta tecnoloxía, consultaría, integración de sistemas e outsourcing. A compañía emprega 49.000 profesionais, uns 6.000 en España e a súa facturación anual é de 5.127 millóns de euros. Atos Origin é partner tecnolóxico mundial para os Xogos Olímpicos, e os seus clientes son grandes compañías internacionais de todos os sectores de actividade. Atos Origin cotiza no mercado Eurolist de Paris e exerce as súas actividades cos nomes Atos Origin, Atos Worldline e Atos Consulting. Para más información: www.es.atosorigin.com. Durante máis de tres décadas, Atos Origin considerou Galicia como ámbito fundamental dentro da extensión da súa estratexia de actuación, podendo así aplicar a súa premisa “Compañía global, con foco e capacidade local”. Esto tradúcese na presenza actual que Atos Origin ten en Galicia, sendo a comunidade autónoma con maior número de oficinas, con presenza en Vigo e en Santiago de Compostela e cun plantilla local de máis de 60 persoas. A presenza de Atos Origin en Galicia data de 1988, momento desde o cal a compañía participou de maneira activa no desenvolvemento, modernización, innovación e evolución do tecido empresarial galego a través das TIC, con presenza en practicamente a totalidade dos sectores, aportando así o noso coñecemento tanto sectorial como rexional. A aposta de Atos Origin en Galicia enfócase directamente á achega de valor, coñecemento e desenrolo da rexión. Todo elo ten o seu reflexo nos principais proxectos realizados, entre os cales cabe destacar os que constitúen a ampla e continua colaboración coa Xunta de Galicia, en ámbitos relacionados coa definición e implantación de sistemas de Xestión Administrativa, plans estratéxicos de Sistemas de Información e outras relevantes iniciativas. Cabe destacar asemade a presenza de Atos Origin nas principais empresas da rexión pertencentes ao sector industrial.

Atos Origin colabora desde fai varios anos coa Fundación Albéniz na formación das promesas musicais a través do seu programa de bolsas. Deste xeito, a compañía pon de manifiesto o seu especial interese pola procura e o desenvolvemento do talento alí onde se encontre, non solo no seu ámbito natural, as tecnoloxías da información, senón que desde sempre tivo tamén moi presente o mundo da cultura nas súas máis diversas manifestacións, entre as que a música ocupa un lugar destacado. Atos Origin apoia, a través de diversas accións de mecenazgo, a labor pedagóxica que leva a cabo a Escuela de Música Reina Sofia, dedicada ao fomento da música a través da divulgación, a docencia, a investigación e a creación.

A Escuela Superior de Música Reina Sofía –cuxa Presidencia de Honor ostenta a súa Maxestade a Raíña– é un centro de alta formación profesional que recibiu o recoñecemento internacional das autoridades educativas especializadas. Creada no ano 1991 como o máis importante programa da Fundación Albéniz, o seu obxectivo é formar a músicos de excelencia. Grazas á axuda que das institucións públicas como entidades privadas, a falta de recursos non é un impedimento para que os talentos mozos gocen dunha ensinanza de elite con grandes profesores e artistas destacados dentro do panorama musical. Actualmente cerca dun centenar de mozos procedentes de España e outros países –con especial presenza das nacións iberoamericanas– cursan os seus estudos nas distintas cátedras, ensinanza que se complementa coa presenza de grandes mestres invitados a impartir Leccións Maxistrais e a participación dos alumnos en cerca de trescentos concertos públicos por salas de toda a xeografía española.

ORQUESTA DE CÁMARADO ENCUENTRO DE MÚSICA Y ACADEMIA DE SANTANDER
Péter Csaba, director

SANTIAGO DE COMPOSTELA
Venres, 23 de xullo de 2010

Programa

Franz Joseph Haydn Sinfonía concertante para óboe, fagot, violín, violonchelo y (1732-1809) orquestra en si bemol maior, Hob.I:105

I.Allegro
II.Andante
III.Allegro con spirito


Richard Wagner Idilio de Sigfrido
(1813-1883)


Richard Strauss O burgués xentilhome op. 60
(1864-1949) I. Abertura ao acto I
II. Minuetto
III. O mestre de esgrima
IV. Entrada e danza dos xastres
V. Minuetto de Lully
VI. Courante
VII. Entrada de Cleonte
VIII. Preludio ao acto II
IX. A cea
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia