|
-
Destacados autores da banda deseñada galega achegan a súa particular visión da Ruta Xacobea a Santiago de Compostela na mostra Un Camiño de Viñetas que se exhibe no XVIII FICOMIC.
-
A Compañía Aérea Air Nostrum bautizou un avión da súa flota co nome de Galicia. O avión, un CRJ 200, ten capacidade para 50 pasaxeiros. Viaxará a sete países de Europa e ao Norte de África. Air Nostrum abre en maio novas rutas de enlace A Coruña-Valencia e Vigo-Sevilla.
-
O Arcebispado de Santiago de Compostela amosa o seu interese pola utilización da lingua galega na súa actividade eclesial, especialmente neste Ano Santo 2010 e de xeito concreto na Misa do Peregrino ou na páxina web. Así compartirase cos peregrinos de fóra de Galicia unha das maiores riquezas da comunidade.
-
Esta iniciativa ofrece unha mostra do que ocorre no panorama audiovisual galego co obxectivo de promocionar un sector estratéxico, ademais de impulsar as producións e artistas autóctonos e foráneos.
-
A primeira botella da serie está dedicada a Campus Estelae (Compostela), e dela comercializaranse 75.000 unidades. Presentada unha colección exclusiva de seis botellas sobre etapas relevantes do Camiño de Santiago.
-
A mostra Santiago, punto de encuentro. Obras maestras de la Catedral de Santiago y Caixa Galicia preséntase como un inédito diálogo entre a arte sacra e a plástica moderna.
-
O congreso Unha visión xurídica do Camiño de Santiago reúne en Compostela a responsables da xestión e administración do patrimonio cultural galego, así como a profesionais da xurisprudencia en relación ás Rutas Xacobeas.
-
A compañía aérea -a segunda máis grande de Alemaña e a terceira de baixo custe de Europa- que opera en todo o ámbito europeo realizará unha campaña de promoción turística de Galicia entre os pasaxeiros da compañía nos mercados de interese para captar visitantes.
-
A Xunta de Galicia asina co Ministerio de Cultura, a Fundación Pedro Barrié de la Maza, o Arcebispado de Santiago e o cabido da catedral o convenio para a restauración do Pórtico da Gloria no templo de Compostela. Existe o compromiso de retirar os andamios para a visita do Papa, o que se fará desde xullo.
-
Turgalicia desenvolverá unha acción de difusión do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2010 en centros comerciais de Madrid, Barcelona, Zaragoza, Sevilla, Valencia e Bilbao baixo o reclamo: Camino de Santiago, Camino de Galicia, ¿vienes?
|
|