Notas

  • A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia, organiza xunto ao Centro de História da Sociedade e Cultura e o Centro Interuniversitario de Estudos Camonianos, os dous pertencentes á Universidade de Coimbra, a I Xornada Internacional de Estudos Xacobeos que botou a andar este xoves 27 e esténdese ata o venres 28.
  • A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, cuxa creación foi froito da colaboración entre a USC e Turismo de Galicia, organiza xunto ao Centro de História da Sociedade e Cultura e o Centro Interuniversitario de Estudos Camonianos, os dous pertencentes á Universidade de Coimbra, a I Xornada Internacional de Estudos Xacobeos que se desenvolverá en Portugal do 27 ao 28 de outubro.
  • A igrexa de Santiago da Coruña acolleua presentación da obra 'O Camiño inglés: unha ruta xacobea medieval no século XXI', que constitúe o primeiro volume da colección Camiños do Mar publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña, en colaboración coa Deputación da Coruña e a Asociación de Concellos do Camiño Inglés.
  • O programa 'A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do Camiño' continúa a percorrer Galicia para dar a coñecer a riqueza patrimonial das rutas a Compostela os fenómenos e obxectos astronómicos que podemos avistar ao percorrelas. Esta iniciativa do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC, baixo a dirección de José Ángel Docobo, forma parte das actividades culturais desenvolvidas ao abeiro da convocatoria 'O teu Xacobeo'.
  • A mostra 'O Esplendor do Camiño. Oito séculos de Pratería e Acibeches en Compostela' constitúe unha aproximación á realidade destas dúas artesanías, cuxa historia discorre paralela tanto da tradición xacobea, como da propia cidade de Santiago, reflectida no seu rueiro, nunha das súas prazas máis emblemáticas e en distintas rúas do seu casco histórico.
  • Anualmente, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo efectúa unha viaxe cultural internacional para os seus asociadose coincidindo coa "ponte" das Letras Galegas, tendo celebrado actos de exaltación das Letras con tal motivo en destinos tan lonxanos como Rumanía, Grecia ou Xordania.
  • O Camiño de Santiago rexistra bos datos unha vez superadas as restricións pola pandemia, como o demostra o feito de que só na primeira fin de semana de abril se rexistraran máis peregrinos que en todo o mes de abril do ano pasado. De feito, entre o día 1 e 4 do mes de abril recolleron a Compostela algo máis de 1.600 peregrinos, cando en todo abril do 2021 rexistráronse pouco máis de 1.000.
  • 'Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño' exhíbese en seis grandes contedores de barco, dos que un serve como punto de información e os cinco restantes como salas de exhibición. Participan artistas de Galicia, como Carla Andrade, Luis Díaz Díaz, Iván Nespereira, Bandia Ribeira e Lúa Ribeira, xunto a profesionais de fóra que representan os diferentes Camiños e enlaces con outras rutas históricas.
  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou xunto co alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, no acendido da Casa do Concello no marco da iniciativa #AcendeOXacobeo. O municipio uniuse a esta iniciativa e forma parte das 46 localidades galegas que contan con algún dos 54 monumentos iluminados cos logos do Xacobeo e a frecha amarela nas distintas rutas xacobeas para recibir ao segundo ano do Xacobeo, neste caso no Camiño Portugués.
  • Este premio recoñece un traballo sobre a percepción que os e as residentes de Melide e Pedrafita do Cebreiro teñen do Camiño de Santiago, así como unha tese que analiza a eficiencia dos centros especiais de emprego en Galicia. O certame está convocado polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia e o Consello Económico e Social de Galicia.