Saímos de Miño e nos espera unha etapa de 38 Km. Ponte do Porco
En “Ponte do porco” hai unha ponte do século XIX, pero o trazado orixinal do Camiño esixe remontar o río Lambre e chegar á ponte construída no século XIV por orden de Fernán Pérez de Andrade, onde historia e lenda se conxugan para lograr un lugar máxico.
A igrexa de San Pantaleón de Viñas é románica con arquivoltas de medio punto sobre dous pares de columnas, e rosetón na fachada. Xunto a ela, o pazo que foi dos Bermúdez de Castro, e tras este un Castro. Betanzos
A capela de San Paio, en ruínas, está na actualidade convertida en almacén. Aquí celébrase unha gran romaría o 24 de agosto, en honor ó santo patrón.
Dominando Betanzos desde o antigo emprazamento da cidade, igrexa de San Martiño de Tiobre que conserva, entre outros restos románicos, a súa porta lateral. E na mesma parroquia de Tiobre, santuario dos Remedios o de Nosa Señora do Camiño, templo renacentista con planta de cruz latina, obra de García de Velasco, de finais do século XVI. Betanzos, capital da comarca das Mariñas, é unha das cidades capitais do antigo Reino de Galicia. Os peregrinos entrarían pola antiga ponte, A Ponte Vella, sobre o río Mandeo. Entre os monumentos desta cidade destacan a Igrexa de San Francisco, gótica, do século XIV, na que se atopa o sepulcro de Fernán Pérez de Andrade, o Bo, protector de peregrinos que aquí, como en Pontedeume, tiveron atención en hospitais auspiciados por el.
Tamén gótica é a Igrexa de Santa María de Azougue, do século XIV, de tres naves e tres ábsidas e retablo de Escola Flamenca no altar maior. A Igrexa de Santiago, gótica, do século XV foi erixida por Fernán Pérez de Andrade, O Mozo (El joven), e ten na súa fachada a imaxe de Santiago a cabalo. Ten tres naves e tres ábsidas. Nunha das súas capelas, a de don Pedro de Ben, pode admirarse o magnífico retablo plateresco de Cornielis de Holanda. A casa do Concello, a torre municipal (pegada á Igrexa de Santiago) e o Pazo de Bendaña son destacados edificios civís dunha cidade - monumento que acredita o seu pasado capitalino e señorial.
Na praza dos Irmáns García Naveira, monumento que recorda a estes distinguidos betanceiros que ademais de numerosas obras filantrópicas relacionadas coa educación e a sociedade, crearon “O Pasatempo”, un percorrido polas marabillas do mundo reflectidas en Betanzos como o máis orixinal parque temático mundial.
Na praza Irmáns García Naveira, Igrexa de Santo Domingo, do século XVII cun campanario barroco construído por Casas Novoa a comezos do século XVIII, desde o que se eleva o famoso globo de papel desde hai máis de 130 anos. E o edificio do que ía ser Arquivo do Reino de Galicia e acabou dedicado a outros fins, erixido no século XVIII.
Pasado Limiñón, xa no Concello de Abegondo, atopamos cruceiro e capela de San Esteban de Cos. Pasamos preto da igrexa de Santiago de Meangos, cruzamos a ponte de Presedo e visitamos a súa igrexa. A continuación, pasamos ó lado da ermida de San Paio de Vilacova coa súa fonte santa e ascendemos cara a Vizoño, dominado pola altura do Castro Maior.
En Bruma, houbo hospital de peregrinos, baixo a advocación de San Lorenzo, fundado en 1140, que pasou a depender en 1175 do hospital de Santiago. Na actualidade, existe aquí un albergue moderno. E nas súas inmediacións, capela. |
|||