Desde Lugo a San Romao da Retorta hai 19 km. Pero se ó peregrino lle interesa o misterio, vaia a Santalla de Bóveda e intente penetrar no seu significado oculto polos séculos. O Camiño que pisa o peregrino é unha vía con máis de vinte séculos de historia. Un miliario demostrou que o Camiño discorre pola vía XIX do Itinerario de Antonino, estrada principal da rede romana de occidente. DESDE LUGODespués de salir de la Catedral, calle de Buen Jesús, los peregrinos bajaban por la calle del Miño, pasando por la Fuente da Pinguela. También seguirían esta ruta los peregrinos llegados a Lugo por el desvío del Camino Francés.
Primero salían por la Porta Miñá del recinto amurallado. Desde mediados del XVI, después de que el Obispado cediera sus derechos sobre la Puerta de Santiago, salían por ésta, bajo una estatua de Santiago Matamoros.
Saíndo de Lugo cara a Compostela, atopamos San Xoán do Alto con igrexa que foi mosteiro. E logo San Vicente do Burgo, con igrexa barroca, e onde houbo un hospital de peregrinos.
Preto do Camiño, templo soterrado de Santa Eulalia de Bóveda, monumento nacional, de orixe relixioso paleocristián, que conserva un interior abovedado, co conxunto de pinturas murais tardo antigas ou altomedievais máis importantes do Occidente. Bóveda atópase nun desvío do camiño cara a Sobrado dos Monxes.
Prógalo ten unha igrexa románica cunha imaxe de Santiago peregrino.
Xa no Concello de Guntín, igrexa de San Romao da Retorta, románica, do século XII, con alteracións posteriores. O Camiño Primitivo, ó longo da súa historia, sempre se dirixiu en liña recta de Lugo a Melide, cruzando O Careón polo Hospital das Seixas, Santiago de Vilouriz, Vilamor e a aldea de Compostela. O desvío de Augas Santas a Palas de Rei, é un invento moderno, sen o máis mínimo rigor histórico. Pero a falla do albergue fai que o peregrino opte por pernoctar en Friol |
|||