Camiño do Norte

Camiño do norte a CompostelaImos facer o Camiño do Norte a Santiago de Compostela, máis antigo que o Camiño Francés, polo que acudían á capital de Occidente os que chegaban de Europa pola cornixa Cantábrica, os que chegaban por mar ó norte da Península Ibérica.

As primeiras peregrinacións chegan de Asturias. Estamos no século X, ou en data anterior. Os peregrinos chegan a través do país Vasco, percorren terras verdes como promesa da verde Galicia do Apóstolo. Pasarían por Oviedo a honrar ó Salvador e, ou ben seguían o Camiño Primitivo polo interior, ou seguían a Ruta Cantábrica, Camiño do Norte ou Camiño Alto... Dentro deste Camiño Alto, o principal punto de entrada a Galicia era Ribadeo.
Sábese que este itinerario foi o utilizado polo francés Guillermo Manier, en 1726, e polo tamén francés Jean Pierre Racq en 1790, que escribiu unha guía deste camiño. E incluso por San Francisco de Asís que por este camiño do norte viaxou a Compostela, pasando por Oviedo, en 1214.
Desde Ribadeo son case douscentos quilómetros ata Compostela, se ben os últimos quilómetros desde Arzúa son xa tramo que este Camiño comparte co Camiño Francés e o Camiño Primitivo.