Camiño do Norte

Camiño do norte a CompostelaImos facer o Camiño do Norte a Santiago de Compostela, máis antigo que o Camiño Francés, polo que acudían á capital de Occidente os que chegaban de Europa pola cornixa Cantábrica, os que chegaban por mar ó norte da Península Ibérica.

As primeiras peregrinacións chegan de Asturias. Estamos no século X, ou en data anterior. Os peregrinos chegan a través do país Vasco, percorren terras verdes como promesa da verde Galicia do Apóstolo. Pasarían por Oviedo a honrar ó Salvador e, ou ben seguían o Camiño Primitivo polo interior, ou seguían a Ruta Cantábrica, Camiño do Norte ou Camiño Alto... Dentro deste Camiño Alto, o principal punto de entrada a Galicia era Ribadeo.
Sábese que este itinerario foi o utilizado polo francés Guillermo Manier, en 1726, e polo tamén francés Jean Pierre Racq en 1790, que escribiu unha guía deste camiño. E incluso por San Francisco de Asís que por este camiño do norte viaxou a Compostela, pasando por Oviedo, en 1214.
Desde Ribadeo son case douscentos quilómetros ata Compostela, se ben os últimos quilómetros desde Arzúa son xa tramo que este Camiño comparte co Camiño Francés e o Camiño Primitivo.

1: Ribadeo - Lourenzá

Ria de Ribadeo que une Asturias y Galicia

Etapa de 30 Km. Ría de Ribadeo
La ría que separa Asturias de Galicia, Ría de Ribadeo, se cruzaba en barco o se remontaba el curso del río hasta el puente de Santiago de Abres.

Xa no século XII se menciona a existencia da familia de “Los Bela”, propietarios dunha barqueira benéfica que transportaba gratuitamente ós peregrinos. Desde moi antigo existiron barqueiras similares ó longo da ría ribadense.

Os peregrinos chegaban a esta ría especialmente por Castropol, localidade fundada sobre un gran castro en 1299, de aí o seu nome, que ata o século XVI foi da Mitra de Oviedo. E tamén desde Figueras, onde desde o século XVIII existe unha igrexa de Santiago, construída polo Gremio de Mareantes.

Puente de los Santos en Ribadeo, Lugo

Na actualidade, a ría crúzase comodamente pola xigantesca Ponte dos Santos, atopando ó seu final o moderno albergue de peregrinos.

Ribadeo

Ribadeo (Ripam Euve, na antigüidade) é a capital dun amplo entorno que, en tempos, abarcaba Vegadeo (A Veiga de Ribadeo), marcando a súa influencia económica e social nun longo tramo do noso camiño.

No centro da cidade chamará a nosa atención o Convento de Santa Clara, de finais do século XV, que foi fundado por monxas procedentes da capital de Asturias.

 

 

 

 

 

O pazo neoclásico que foi residencia de Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos, é a sede do concello ribadense, que na escalinata de acceso erixiu unha estatua do antigo propietario do edificio.

E nas súas inmediacións destaca a Torre dos Moreno, modernista, de comezos do século XX, a máis coñecida imaxe de Ribadeo.


Destacan entre os monumentos de Ribadeo a Colexiata de Santa María do Campo, en cuxo solar houbo convento franciscano erixido no século XIII, así como a capela da Trinidade, do século XIV, situada na Atalaia, dominando a ría, recordo de tempos nos que había que defenderse de quen pretendera apoderarse da cidade pola forza.
Veremos numerosas casas de Indianos, singular arquitectura da comarca que recorda ós triunfadores da afastada emigración que volvían á súa terra para gozar da súa ben gañada fortuna.

Veremos numerosas casas de Indianos, singular arquitectura da comarca que recorda ós triunfadores da afastada emigración que volvían á súa terra para gozar da súa ben gañada fortuna.

 

 

O camiño parte da capela de San Lázaro para dirixirse a Obe. Pero antes de seguir a nosa ruta subiremos a Santa Cruz, desde onde se nos ofrece unha soberbia panorámica sobre a ría e onde se atopa a ermida que revive anualmente a comezos de agosto nunha tradicional romaría. Aquí atópase o monumento ó gaiteiro e á gaita galega.

Camiño vello de Lourenzá
Coñécese esta ruta como o “Camiño vello de Lourenzá” e crese que responde a unha antiquísima vía de comunicación.

 

Pasamos por Ove, que conserva un tramo do vello Camiño; Vilela, que se sabe existía xa ó redor do ano 1000, e Cedofeita, con nome mencionado –Cito Facta– en numerosos documentos medievais.

En Cedofeita, capela de Santiago, con retablos do século XVIII, con imaxes de Santiago peregrino e a cabalo.

 

En Cubelas, hai unha igrexa de tres naves, do século XVII, reformada no XVIII.

Na parroquia ribadense de Arante, no camiño “que biene del Reino de León e Principado de Asturias”, Santuario  das Virtudes ou de Santa María da Ponte, centro de peregrinación desde hai cinco séculos. A igrexa é do século XVI. O retablo do seu altar maior é do século XVIII, cun Santiago a cabalo.

 O seu conxunto pictórico do século XVI é excelente. Neste templo consérvase unha imaxe da Nosa Señora, “miraculosa y muy debota que cada día face milagros infinitíssimos”.
Xunto a este santuario estaba o Hospital de San Andrés, fundado en 1543 por Juan Marqués, cóengo da Colexiata do Ribadeo, e a súa irmá Mencía, institución que funcionou ata comezos do século XIX.
Pasamos por terras de Barreiros... Vilamartín Pequeno, Vilamartín Grande, Gondán.... para chegar a Vilanova de Lourenzá.

Ruta asturiana

Desde Castropol, por Vegadeo e Santiago de Abres, discorría outra ruta deste mesmo Camiño, que cruzaba pola ponte aquí existente evitando ter que cruzar a Ría do Eo.

O Camiño entraba en Galicia polo municipio lucense de Trabada, pasando por Sante, de onde era orixinario Don Melchor Díaz de la Rocha, que nesta zona encabezou a revolta contra os franceses en 1809.

Visitamos a capela de San Marcos da Cadeira, e chegamos a Lourenzá.

Vilanova de Lourenzá

Vilanova, chamada antano Vila da Ponte, era o punto de unión dos dous camiños, que camiñaban paralelos desde Santiago de Abres.

Vilanova de Lourenzá articulouse ó redor do mosteiro fundado na primeira metade do século X por Osorio Gutiérrez, o Conde Santo, Bispo de San Martiño de Mondoñedo e primo de San Rosendo. Esta fundación ven coincidir no tempo coa fundación dos mosteiros de Sobrado dos Monxes (tamén neste Camiño Norte) e Celanova.

 

Os restos do fundador, cuxo testamento se coñeceu o 17 de xuño de 969,  repousan na igrexa do mosteiro nun sarcófago aquitano de mármore do século V/VI, elixido polo propio conde, seguindo o costume existente naquel tempo de utilizar sarcófagos antigos para os enterramentos dos nobres.

Quere a tradición popular que Osorio Gutiérrez atopase este sarcófago na súa viaxe a Terra Santa e botándoo ó mar, foi encomendado á Divina Providencia, chegando ás costas de Foz, onde sería recollido polos criados do conde, en similar operación milagrosa á chegada da barca de pedra do Apóstolo Santiago.

 

Monasterio de Vilanova de Lourenzá

 

O actual edificio do mosteiro é barroco, do século XVIII, con igrexa proxectada por Casas y Novoa, de espléndida fachada que se considera antecedente claro da do Obradoiro compostelán, no final do Camiño.

No interior, destaca a capela de Valdeflores, do século XVIII, onde se atopa o sarcófago cos restos do Conde Santo.

Retablo Relicario de Lourenzá

 

Se ben o máis notable desta igrexa é o seu orixinalísimo retablo-relicario, tamén posúe un interesante Museo de Arte Sacro, fundado en 1960, que contén pezas únicas de imaxinería e pintura. Son notables as imaxes policromadas do escultor José Ferreiro e as pinturas de Ferro Requeijo.

Foi o Conde Santo o primeiro en acoller ós peregrinos, doando 33 leitos ós monxes, dos que doce deberían estar dedicados á atención dos viaxeiros. E sendo testamentos da primeira metade do século XII contemplan a protección ó peregrino.

2: Lourenzá - Mondoñedo

Mondoñedo

Etapa de descanso y visitas, 8 Km.

De Lourenzá a Mondoñedo, pequenísimas poboacións con humildes capelas que percorreremos rapidamente para entrar na antiga Vallibria, Val de Brea, Mondoñedo, sede episcopal, unha das sete capitais do antigo Reino de Galicia, cidade monumental declarada conxunto histórico-artístico que posúe un Centro de interpretación do Camiño Norte.

Puente de San Lazaro en Mondoñedo-LugoO camiño entra pola Ponte de San Lázaro, onde existiu un lazareto desde o século XIV para enfermos de lepra. A ponte actual foi construída polo bispo Frei Antonio Sarmiento de Sotomayor, no século XVIII.

 

 

 

 

 

 

Fonte Vella, Mondoñedo

Subían os peregrinos pola rúa hoxe denominada do Camiño Norte, que os conducía á Praza da Catedral.Moi preto estaba a Albergaría, para peregrinos sans. Visitaban a Fonte Vella, construída en 1548 polo bispo Don Diego de Soto para solucionar as carencias de abastecemento da cidade. Ten catro caños, e gradas ou escaleiras para acceder a ela. Está abovedada e ostenta os escudos do Bispo e do Rei.

 

 

Catedral de Mondoñedo- Foto Carlos Rodríguez

 

 

 

 

 

Sen dúbida, o principal monumento mindoniense é a súa Catedral, erixida polo bispo Don Martín na primeira metade do século XIII. Ten tres naves, a central de dez metros de ancho e de seis as laterais.

 

 

 

 

 

Catedral de mondoñedo

Na súa fachada ostenta un magnifico rosetón de cinco metros de diámetro, considerado polo historiador Villamil y Castro como “o mellor adorno da catedral”, que proporciona unha luz especial á nave maior.
Nos capiteis historiados e zoomórficos da portada, apréciase a man de varios mestres e a inspiración cistercense.

Interior Catedral Mondoñedo

No século XVI, construíuse un deambulatorio con capelas ó redor da capela maior. Entre estas destaca a do Santísimo, máis coñecida como da Virxe Inglesa. Oxival, conserva unha imaxe da virxe, tamén coñecida como Nosa Señora A Grande, doada en 1555 polo clérigo Alonso Ares de Mourelle, despois de tela adquirido en Ferrol a uns ingleses chegados de Londres, crendo que dita imaxe estivo na igrexa londinense de San Pablo.

Frescos góticos en la Catedral de MondoñedoConserva frescos do século XVI, de gótico tardío, atopados ó retirar o coro da nave central, que reflicten uns aspectos da vida de San Pedro e noutros a Degolación dos Inocentes e a Fuxida a Exipto.

Os restos do coro renacentista están na parte norte do cruceiro.
O claustro, de planta cadrada, de estilo herreriano, foi construído polo mestre Ibáñez Pacheco no século XVII (entre 1636 e 1641), substituíndo un claustro gótico. 

O gran retablo barroco da capela maior é de 1769 e os murais ó óleo de 1773

 

 

 

 

Claustro Catedral de Mondoñedo

 

Con acceso desde a Catedral, Museo Catedralicio e Diocesano de Mondoñedo con riquísimas obras de arte sacra, froito dun encomiable traballo de conservación do patrimonio artístico da diocese.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Seminario y Obispado Mondoñedo

 

Na monumental cidade merecen ser contempladas as fachadas nobilísimas do Pazo Episcopal e do Seminario, ambos do século XVIII;

Virgen de los Remedios Mondoñedo

A igrexa de Santiago, do XIX; o barroco Santuario dos Remedios, do século XVIII, erixido polo bispo Sarmiento. E xa fóra da cidade o Convento dos Picos, con fachada do século XVIII, se ben sábese que xa en 1285 se atendía aquí ós peregrinos a Compostela.

Barrio de los Molinos, Mondoñedo, Lugo

Moi preto está o Barrio dos Muíños, totalmente rehabilitado na actualidade, e no que se pode contemplar o traballo de diversos artesáns: oleiro, zoqueiro, muiñeiro, titiriteiro, fotógrafo, serigrafía, liño... 

 

Puente Mondoñedo

Antigamente, o camiño cara a Lugo e Castela pasaba por este barrio e cruzaba a Ponte de Ruzos. Segundo a lenda, cando no 17 de decembro de 1483 as tropas dos Reis Católicos apresaran ó Mariscal Pero Pardo de Cela e ía ser executado por opoñerse ás forzas reais, nesta ponte varios cóengos entretiveron a Isabel de Castro, esposa do Mariscal, para que non puidese presentar a tempo o indulto que os Reis lle concederan ó seu marido. Pardo de Cela foi decapitado na praza principal de Mondoñedo. Desde entón, esta ponte foi coñecida como Ponte do Pasatempo, e o Mariscal entrou na historia, e na lenda.

3: Mondoñedo - Gontán (Abadín)

Abadín

Entre Mondoñedo e Abadín, o Camiño está constituído por un tramo de gran dureza e dificultade. Hai que superar o difícil Alto da Xesta, clara división entre a costa e o interior.

Suponse que o nome de Abadín procede da pertenza na antigüidade a tres mosteiros – Mondoñedo, Lourenzá e Meira-, gobernados por abades. Abadín é para os camiñantes a porta de entrada da gran comarca natural da Terra Chá, que ten a Vilalba por capital e pola que o camiño se percorre con gran facilidade.

Iglesia de San Cosme-Galgao

Pásase por Galgao, onde se celebra a tradicional Romaría de San Cosme e onde, xunto á Igrexa de San Martiño, se conserva un magnífico cruceiro.

Gontan-Abadin

En Gontán, cun importantísimo mercado gandeiro, existe un albergue para peregrinos con 26 prazas.

Abadin, Concello

Despois de atravesar o río Gontán, chégase á capital do municipio, cruzándoa xunto á casa do concello e colexio público. O polideportivo municipal acolle tamén ós peregrinos.

Santa Maria de Abadín

A igrexa parroquial de Santa María de Abadín é románica, do século XII, cun fermoso rosetón, confeccionado nunha soa pedra. Na fachada, dous escudos moi gastados, dos Luaces, que foron señores de Abadín desde o século XVI.

4: Gontán - Vilalba

24 km

A partir de Abadín, o Camiño discorre por A Terra Chá a través das parroquias de Castromaior e Goiriz

Cstromayor

Cruzando o río Abadín, chégase a Castromayor cunha ponte medieval sobre o río Arnela en Ponterroxal. E sobre o río Batán, marcando o límite con Vilalba, en Martiñán, a Pontevella do século XVII.

Pontevella en Martiñán

Vilalba

Xa no concello de Vilalba, en Santiago de Goiriz, hai que admirar o magnífico traballo dos canteiros de Román no seu cemiterio parroquial.

Iglesia-Cementerio-Goiriz-Vilalba-Lugo

 Os remates en cruz dos seus nichos son auténticos traballos de escultor.

Albergue-Vilalba

Á entrada de Vilalba, no polígono industrial, albergue de peregrinos, cunha capacidade de 48 prazas.

Hai en Vilalba un excelente museo arqueolóxico, con importantísimos achados relativos á prehistoria da comarca expostos de forma atractiva e asequible.

Parador de Vilalba, Lugo

A xoia monumental da capital chairega é o castelo dos Andrade, do século XV, convertido en parador nacional de turismo cuxo núcleo nobre atópase na antiga torre da homenaxe.

Desde o alto contémplase unha magnífica panorámica dos arredores e compréndese a sensación de poder que sentirían os seus antigos posuidores, os condes vilalbeses.

Consérvanse, así mesmo, restos das antigas murallas da vila.

 

 

 

 

 

 

 

 

Entre os elementos que identifican esta terra, hai dous manxares que teñen festa e fama recoñecidas… os queixos de San Simón, de forma que recordan un peito de muller, e os capóns, produto da artesanía vilalbesa, polos castrados, alimentados a man, sacrificados coidadosamente e presentados como o mellor manxar de Nadal de Galicia.

5: Vilalba - Baamonde

Etapa de  15 Km.

acia Baamonde

Pazo Pena Corbeiras y Muiño do Rañego

Pasado o Pazo de Penas Corbeiras, que foi do Marqués de Hombreiro, e o restaurado Muíño do Rañego, magnífica peza de arquitectura popular, atopamos a Ponte Rodríguez e logo a Ponte de Saa sobre o río Labrada. Puente de Saa -Vilalba

Albergue Baamonte, Lugo

Xa en Baamonde, localidade do municipio de Begonte, atopamos un magnífico albergue de peregrinos, un dos máis antigos do actual Camiño.Iglesia Santiago de Baamonde, Lugo, Foto carlos Rodríguez

A igrexa parroquial de Baamonde, dedicada ó Apóstolo Santiago, foi construída no século XIV, pero conserva elementos románicos.

 

 

 

Carballo en Baamonde, Lugo, Foto Carlos Rodríguez

Fronte á fachada, existe un calvario formado por tres cruceiros. E ás súas costas, un castiñeiro milenario mostra no seu interior unha orixinal capela dedicada á Virxe, tallada polo escultor da localidade, Víctor Corral.

Casa de Victor Corral, Baaamonde

En Baamonde hai que visitar a casa-museo de Víctor Corral, no alto da localidade, con numerosas esculturas – no interior e no xardín - que resumen a longa traxectoria artística deste escultor.

6: Baamonde - Miraz

Etapa de 20 Km.Puente de San Alberte, Parga, Lugo Concello de Guitiriz

Pouco despois de Baamonde, pero xa no concello de Guitiriz, ponte medieval de San Alberte, recentemente restaurada, onde a lenda quere que o demo estivese en tempos atado para que non fixese mal ós camiñantes.

Capilla de San Alberte, Parga. Lugo, Foto Carlos Rodríguez

No medio do arboredo que case a oculta, capela de Santo Alberte, gótica, do século XIV. De nave única, con ostensibles contrafortes, é o singular marco dunha gran romaría anual que reúne a milleiros de chairegos.

San Breixo y Santa Leocadia, Parga-Guitiriz, Lugo

No camiño despídese de Guitiriz despois de atravesar San Breixo e Santa Leocadia de Parga.

Friol

Seixon-Miraz

Entra o camiño no concello de Friol, chegando a San Paio de Seixón. Conserva Seixón igrexa románica, que segundo consta foi construída polo Mestre Xoán no ano 1140.
En Santiago de Miraz, torre de planta cadrada do século XV, resto do que foi Castelo dos Saavedra.

E moi preto da nosa ruta, a fortaleza de San Paio de Narla, que alberga a sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo. Hai que subir ó alto da súa torre para poder contemplar unha paisaxe irrepetible.

7: Miraz - Sobrado

Etapa de 21 km

Sobrado dos Monxes

O Camiño pasa por pequenas aldeas, sae do termo de Friol e da provincia de Lugo entrando na Coruña.

Laguna Sobrado dos Monxes

Pásase ó lado da lagoa que, en tempos, foi a piscifactoría dos frades de Sobrado.
O Mosteiro de Sobrado dos Monxes foi fundado en 952 e disolveuse en 1006, rexurdindo en 1142 durante o reinado de Alfonso VI, como o primeiro mosteiro da Orde do Císter en España.

No edificio actual, barroco do século XVII, consérvase a capela de San Xoán, a sala capitular e a cociña do mosteiro do século XIII.

O claustro procesional, rectangular, de dúas plantas, foi construído no século XVI. Deste mesmo século é a sancristía renacentista de Juan de Herrera, situada no brazo sur do cruceiro.

No XVII construíuse o denominado Claustro dos Peregrinos, así chamado pola dedicación dos monxes á atención ós peregrinos a Compostela. Abandonado este mosteiro na Desamortización, a mediados do século XX foi restaurado e habitado de novo, mantendo na actualidade unha importante actividade relixiosa e social, na que destaca a atención ós que peregrinan a Compostela.

8: Sobrado - Arzúa

Fin do Camiño do Norte
Estamos moi preto do final da nosa ruta.

En Carelle, Igrexa de San Lorenzo. Logo, tras pasar por Corredoiras, chegamos a Boimorto, concello cuxa historia está fondamente influenciada polo convento de Sobrado.
E de seguida, Arzúa. Aquí, o noso camiño xúntase co Camiño Francés, e co Camiño Primitivo. Desde aquí os tres son un ata a cidade do Apóstolo, Compostela.

Enlaza con Arzúa-Santiago, de “El Camino de Santiago en España”.