'O Camiño inglés: unha ruta xacobea medieval no século XXI', primeiro volume da colección Camiños do Mar publicada pola UDC |
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/20220930-udc.jpg)
Presentou o acto o reitor da UDC, Julio Abalde; acompañado polo autor da obra, Cristóbal Ramírez; o deputado de Economía Antonio Leira; a xerente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Cristina García Souto; e a directora do Servizo de Publicacións, Nieves Pena.
A colección Camiños do mar, que inaugura este libro, acolle estudos feitos con rigor, encargados a diferentes especialistas de diferentes universidades, sobre diversos aspectos relativos aos Camiños de Santiago na provincia da Coruña, o camiño inglés, que curiosamente, pasa polos dous campus da UDC, o da Coruña e Ferrol, e a súa prolongación cara o mar, a Fisterra e Muxía. O libro pode adquirirse xa nas librarías.
Universidade da Coruña