Novas oportunidades de profundar nos ceos e na arte do Camiño da man do Observatorio Ramón María Aller |
Ata o mes de outubro, diversos lugares da comunidade acollerán sesións astronómicas públicas que se realizarán a simple vista ou con telescopios portátiles desprazados pola USC para a ocasión. As próximas citas terán lugar en Noia (o día 30 de agosto), Santiago (o 31 de agosto), Teo (o día 2 de setembro), Monforte de Lemos (o día 5), Padrón (o día 16), no Picro Sacro de Boqueixón (o día 30), en Rianxo (o 2 de outubro) e novamente en Compostela, na Biblioteca Pública Ánxel Casal (o 3 de outubro). Ademais do director do OARMA, José Ángel Docobo, nas sesións participan integrantes do persoal investigador e colaborador do OARMA, como Pedro Pablo Campo, Xabier P. Couto, María Brea e Jorge G. Crespo. Nelas, as persoas asistentes aprenderán a identificar diferentes obxectos observables como as constelacións, coa contemplación do chamado triángulo de verán que conforman as estrelas brillantes Vega (na constelación da Lira), Altair (na Aguia), e Deneb (no Cisne), así como a propia Vía Láctea, visible cando os ceos están ben escuros, ou os planetas Xúpiter e Saturno, avistables á primeira hora da noite. Os telescopios desprazados pola USC posibilitarán ademais divisar estrelas dobres, nebulosas e cúmulos estelares e, sobre todo, os detalles da Lúa en canto esta entre na súa fase crecente. Cómpre sinalar que o calendario destas sesións de divulgación astronómica está suxeito ás condicións meteorolóxicas, pois poden imposibilitar o desenvolvemento da actividade.
O programa inclúe tamén diversas conferencias sobre a arte xacobea, sobre a súa mitoloxía e historia da man de Cecilia Doporto. A longo do mes de setembro celebraranse en Rodeiro (o día 2), Silleda (o día 10) e San Cristovo de Cea (o día 23). Xa en outubro, haberá novas sesións en Chantada (o día 7), Dozón (o 14), Palas de Rei (o 17), e Lalín (o día 20).
Todas as sesións son de balde e na páxina web do programa pódense consultar as vías para reservar as prazas dispoñibles en cada localización.

Universidade de Santiago de Compostela