|
-
Xacobeo 2010 exhibe en San Martín Pinario 29 fotografías do francés Pierre Gonnot. A mostra Terre de Personne recolle un conxunto de chamativas fotografías que transmiten fortes sensacións sobre o ser humano e inclúen retratos e paisaxes de distintos puntos de Galicia
-
O programa África Vive trae e Santiago de Compostela aos bailaríns Ciré Beyè e Auguste Ouedraogo que amosan o potencial artístico e o traballo creativo da danza contemporánea africana.
-
Turgalicia e Turespaña promoven xornadas de traballo entre axentes nipóns e empresarios do sector turístico galego co fin de promover o posicionamento de Galicia como destino turístico estratéxico.
-
No marco do ciclo Xacobeo Classics, a soprano Cristina Gallardo-Domâs e a orquestra Gaos colaboran na gravación dun novo disco de cancións galegas entendido como unha aposta segura pola excelencia creativa en torno a coñecidos temas como Lela, Negra Sombra ou María Soliña.
-
O conceto de Luar na Lubre pon o broche de ouro ao ciclo Xacobeo Raíces, enmarcado no Camiño da Música do Xacobeo 2010. O Auditorio de Galicia acolle o domingo 6 de xuño a última actuación dun ciclo polo que pasaron máis de 25 artistas.
-
Presentado o libro de Francisco Singul Vino y cultura medieval: Galicia y los Caminos de Santiago, como “unha “nova ollada aos Camiños de Santiago, nun ano no que centos de miles de peregrinos chegan a Galicia por todas as rutas e escriben novos capítulos da gran historia do xubileu e do viño”.
-
O dúo británico Orbital, composto polos irmáns Paul e Phil Hartnoll, actúa no último día do festival Vigo transforma, que se desenvolve entre o 8 e o 10 de xullo no marco do Xacobeo 2010, e combina música con intervencións artísticas na rúa.
-
La semana pasada ACEGA (Asociación de Celíacos de Galicia) organizó varios actos de difusión, concienciación y sensibilización sobre la Enfermedad Celíaca con el objetivo de que fueran unos días de recordatorio y de reivindicación de las necesidades de nuestro colectivo, siendo el 27 de mayo Día Nacional del Celíaco.
-
Xacobeo 2010 promove en Santiago de Compostela ata o 25 de xullo a exhibición da mostra Beijing Time. A hora de China, na que 16 artistas ofrecen unha visión da nova creación asiática en disciplinas como o debuxo dixital, vídeo, fotografía, videoinstalación e cinema.
-
Entre o 25 de maio e o 5 de xuño promóvese en Barcelona a campaña Camino de Santiago, camino de Galicia, ¿vienes?, na que xa participaron 16.000 persoas durante a súa estancia en Madrid, Valencia e Zaragoza onde procurou incentivar as viaxes turísticas a Galicia.
|
|