Un vídeo de oito horas sobre a peregrinación gaña o II Sorteo Virtual de Animacam.Tv

Hernán Henríquez, de familia canaria, nacido na Habana en 1941, animador e director desde 1959 ata 1980, vencellado ao ICAIC (Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos) desde a súa fundación, gaña o Segundo Sorteo Bono Iacobus da Sección Paralela (O Camiño) do Festival Internacional de Animación Online, cunha serie de 48 videos de 8 horas, sobre a súa peregrinación na primavera de 2009. O gañador, residente actualmente nos Estados Unidos, gozará dunha semana para dúas persoas en casas de turismo rural de Galicia, sitas no Camiño Portugués ou na Vía da Prata. O autor-pelegrín, que traballou para diversas productoras, estudios e televisións de México, Holywood e Miami, participa tamén na Sección Oficial de Animacam.tv coa súa obra de Animación na Categoría a Concurso de “Retrospectiva”.

O Festival Animacam.tv, para animar o Camiño de Santiago, coa Sección Paralela “O Camiño”, pretende crear unha hemeroteca, fototeca e videoteca virtual dirixida a aqueles turistas e pelegríns que realizasen ou realizen o Camiño de Santiago.
Para incentivar a participación, o Festival, cos patrocinios de Turgalicia e Xacobeo, sortea dende xuño ata setembro, catro BONO IACOBUS dunha semana para dúas persoas en casas de turismo rural de Galicia, a escoller polo gañador entre o Camiño Portugués ou o da Vía da Prata.

O afortunado do segundo sorteo que tivo lugar na sede do Festival esta mañá ás 09.00 horas, foi o devandito D. Hernán Henríquez, aportando unha serie composta por 48 videos baixo o título “OCHO HORAS EN EL CAMINO DE SANTIAGO”, coa cal amosa a súa visión persoal da peregrinación a Compostela.

Con esta acción da Sección Paralela, ademáis da Sección Oficial cos filmes a competición, Animacam transmite a súa vocación de vínculo intercultural e divulgador do respecto á diversidade de pensamentos e culturas, a través dunha experiencia que reúne a centos de milleiros de pelegríns, turistas e internautas de todo o mundo.
Animacam.tv