|
-
Presentouse o libro Peregrinos e peregrinacións como construtores de paz no Cristianismo, Xudaísmo e Islam, o segundo volume da serie Compostela International Studies in Pilgrimage History and Culture promovido polo CSIC a través do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
-
A mostra que se exhibe no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela está integrada por 36 fotografías captadas en 2010 que presentan a esencia do ser humano no Camiño -Ruta Xacobea- e na Catedral. A exposición pode visitarse ata o 6 de xuño.
-
O Xacobeo participa na asemblea anual da Canadian Company of Pilgrims para difundir o VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís que inclúen o I Encontro de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago prevista para maio de 2015.
-
Ata o día 30 de marzo poden visitarse as diferentes dependencias do convento, que atesouran riquezas históricas, artísticas e patrimoniais, unha actividade enmarcada nos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.
-
A oferta turística galega está presente na feira ITB de Berlín, na que Turismo de Galicia incide especialmente na promoción do Camiño de Santiago e do turismo cultural, de saúde e de natureza, así como do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago. Os alemáns supuxeron o 11,9% dos turistas estranxeiros de 2013.
-
Turismo de Galicia, en colaboración co Banco Etcheverría, leva a León a exposición Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago, onde permanece ata o 2 de abril. Trátase dunha mostra de Manuel Valcárcel e Alexandre González composta por 50 fotografías e un audiovisual de 10 minutos de duración.
-
Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio, Castelao, Rafael Dieste e Valle-Inclán son algúns dos autores e autoras da literatura galega a través dos que a fundación convida a coñecer a ruta xacobea do mar de Arousa e Ulla, incidindo na súa extraordinaria riqueza cultural.
-
O bibliotecario Antonio Magariños Compaired presentou na Casa de Galicia en Madrid, unha "Selección de fontes para o estudo do Camiño de Santiago. Unha proposta de percorrido", no marco do Seminario J. A. Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos.
-
A Organización Mundial do Turismo edita un libro sobre experiencias turísticas sustentables entre as que se atopa o Camiño de Santiago. Son 14 historias de turismo.
-
A acción promocional da Ruta Xacobea completouse dunha degustación de viños e produtos gastronómicos galegos con denominación de orixe, e cun encontro coa escritora coreana Kim Hyu Sun, autora de tres libros sobre o Camiño.
|
|