|
-
As novas distincións, nas categorías de institucións e de persoas que destacan pola súa promoción internacional das rutas xacobeas, entregaranse cada ano en outubro, coincidindo co día en que o Camiño foi declarado Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa hai 26 anos.
-
Os actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela encaixan nun estratexia de aposta de Galicia polo turismo cultural. Así quedou de manifesto no II Foro sobre o Futuro do Turismo Galego.
-
Stephen Wood, enxeñeiro canadense, recibiu un Bono Iacobus para percorrer as rutas xacobeas aloxándose en casas de Turismo Rural e con almorzo e cea incluídos para saborear a gastronomía típica de Galicia, como peregrino 200.000 que chega a Compostela en 2013.
-
A cifra de viaxeiros aloxados en establecementos galegos en agosto subiu un 11,6% -a suba máis elevada dos últimos once anos, mesmo por riba do nivel do último Ano Santo- e o número de pernoitas subiu un 6,5%. Só no mes de agosto, Galicia recibiu máis de 727 mil viaxeiros.
-
CCamina inclúe entre as súas actividades a CCaminata de Líderes: unha actividade no Camiño Norte orientada ao coaching, o desenvolvemento persoal e a formación para o liderado. O proxecto CCamina combina o Camiño de Santiago coas accións formativas.
-
O presidente da Xunta recibiu a unha delegación do Parlamento do Xapón e ao embaixador deste país en España para tratar das relacións económicas e culturais arredor do Camiño Kumano e do Camiño de Santiago. Xapón solidarizouse con Compostela polas víctimas do accidente de tren do 24 de xullo.
-
A programación organizada polo Ano Franciscano baixo o título "Cultura no Camiño" percorrerá os concellos das rutas xacobeas, logo de terse recibido 570 propostas de espectáculos escénicos e musicais que conmemorarán o oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.
-
Turismo de Galicia e os concellos do Camiño Francés veñen de rubricar un acordo de colaboración a través do que se promoverá a distribución do produto musical galego nos concellos polos que discorre este Camiño. A través deste acordo, os devanditos municipios contarán con actuacións musicais para amenizar as tardes estivais, que se desenvolverán en lugares públicos e que serán de libre acceso e sen cobro de entrada.
-
A clave da campaña é o uso da tecnoloxía de código QR co que os peregrinos poderán obter entrada reducida e un exemplar dun libro de Camilo José Cela. A Fundación está aberta nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, de 10 a 21 horas.
-
O libro está acompañado por unha web na que os rapaces poderán realizar actividades relacionadas co Camiño e descargar material didáctico e xogos que relacionan os personaxes infantís coas rutas xacobeas, co fin de achegar o Camiño aos nenos dun xeito entretido e coa motivación dos milleiros de persoas que o transitan cada ano.
|
|