Notas

  • Responsables do Ministerio de Turismo israelí visitan o Xacobeo na busca de asesoramento e colaboración para promover en Israel a “Ruta do Evanxeo”. The Gospel Trail é unha rede de camiños que dende as aforas de Nazareth ata a costa do mar de Galilea transcorre polas terras que percorreu Xesús. Os representantes israelís percorren diferentes lugares do Camiño de Santiago e visitarán albergues e instalacións para peregrinos.
  • Trátase dunha mostra na que se recolle a evolución deste popular certificado de peregrinación dende 1733 a 1993, ata chegar aos catro modelos que actualmente expide a Catedral compostelá. Conta cunha ampla selección de documentos xacobeos realizada polo escritor Fernando Lalanda.
  • O Xacobeo e Begano asinan un acordo de colaboración para a plantación de árbores autóctonas no Camiño Inglés. Traballadores voluntarios desta distribuidora de bebidas realizarán plantacións de especies vexetais ao longo da Ruta Xacobea.
  • Decidiuse nunha xuntanza no CGAC a concesión do XVII Premio Elías Valiña convocado pola Consellería de Cultura e Educación á Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de El Bierzo polo seu labor de hospitalidade na xestión de albergues de peregrinos e puntos de información.
  • O Instituto de Estudios Turísticos de Galicia e a S.A de Xestión do Plan Xacobeo veñen de reactivar os traballos do Observatorio do Camiño, pertencente á Rede Europea de Camiños. A dirección técnica e desenvolvemento deste proxecto por parte dos dous organismos pertencentes á Secretaría Xeral para o Turismo nace co obxectivo de poñer en marcha unha ferramenta de análise e coñecemento do produto Camiño de Santiago.
  • A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; e o alcalde de Trasmiras, José Pazos Ojea, inaugurou hoxe neste municipio ourensán o albergue para peregrinos de Viladerrei, na Vía da Prata.
  • O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago foi constituído no ano 1992 para asesorar á Administración Turística autonómica de cara á celebración do Ano Santo 1993. 20 anos despois, tratouse nesta xuntanza o proxecto de Base de Datos de Iconografía Xacobea baixo a nomenclatura IAGO.
  • No seu segundo aniversario, o Foro do Camiño Primitivo critica a pasividade do Goberno galego na recuperación e protección desta vía histórica, candidata a Patrimonio da Humanidade. O Foro reclama a integridade e autenticidade histórica da vía primitiva como premisas na súa delimitación oficial.
  • Trátase dunha selección inédita de imaxes realizadas no seu día para a mostra “Olladas no Camiño de Santiago” polos fotógrafos galegos Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz. Camiño de Santiago. Unha biografía en Imaxes pódese ver en Lisboa ata o 30 de xuño.
  • As asociacións inglesa e irlandesa de Amigos do Camiño abren na Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela un "welcome service" para os peregrinos de fala inglesa. No que vai do mes de maio máis de 9.000 peregrinos recolleron a "Compostela’" e, no que vai de ano entregáronse case 30.000.