Preséntase a edición especial da revista Biblos adicada ao Xacobeo 2010

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou no albergue Casa Forte de Lusío a edición especial da revista Biblos Clube de Lectura dedicada ao Xacobeo 2010. A Consellería de Cultura e Turismo colaborou na produción desta número, publicado en edición trilingüe (galego, castelán e inglés), que reúne unha escolma da máis actual produción literaria e musical galega referida ao fenómeno xacobeo, ao Camiño e a Galicia como destino. A Xunta distribuirá en total 14.765 exemplares desta revista a través da súa rede de albergues, das oficinas de turismo en Galicia e Madrid, así como nas Oficinas Españolas de Turismo de 16 países europeos.

A presentación da revista desenvolveuse nun lugar emblemático do Camiño Francés, a Casa Forte de Lusío, construída en 1551 e rehablitada pola Xunta de Galicia a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Os traballos de rehabilitación do inmoble e do seu entorno tiveron un orzamento cercano aos 3 millóns de euros. A entrada en funcionamento da Casa Forte de Lusío no mes de abril permitiu ofertar 60 novas prazas para peregrinos preto do tramo que discorre entre Triacastela e Sarria, no concello de Samos. O actou contou coa presenza ademais do director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López; o diretor literario de Biblos, Tucho Calvo, e o equpo de arquitectos da empresa DICSA autores do proxecto de rehabilitación do albergue.

Na súa intervención, o conselleiro Roberto Varela indicou que, no seu número titulado “O Camiño conduce a Galicia”, a revista Biblos ofrece unha “selección útil para coñecer mellor as rutas do Camiño, o fenómeno xacobeo, Galicia como destino e a nosa produción cultural”. Segundo o conselleiro, con esta inciativa preséntase “unha cantidade importante de obras editoriais e musicais (libros e discos representativos da cultura de nós e de indudable calidade) sobre aquelas materias que poidan resultar máis atractivas para a xente que desexa achegase a Galicia e coñecernos”.

Neste sentido, esta proposta editorial responde ao interse amosado por “moitas das persoas que nos acompañaron durante este ano por coñecer melor o Camiño de Santiago, Galicia e a cultura de nós”. Roberto Varela destacou que se trata dunha presentación “didáctica e clara”, en edición trilingüe (galego, castelán e inglés) que posibilitará “visualizar e dar a coñecer a nosa cultura dentro e fóra de Galicia”.

A Consellería de Cultura e Turismo repartiu un total de 14.765 exemplares a través da rede de albergues públicos e das oficinas de turismo da Xunta en Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo, Ferrol, Tui, Vilagarcía, O Carballiño e Madrid). Do mesmo xeito, estanse a distribuír números desta revista en 21 Oficinas Españolas de Turismo en 16 países europeos. Con anterioridade, a publicación foi levada á Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México.

Recuperación histórica e posta en valor

Respecto ao proceso de rehabilitación da Casa Forte de Lusío, o conselleiro Roberto Varela sinalou que o obxectivo marcado foi o de que o edificio se convertese “nun novo referente peregrino no Camiño Francés”. Cun orzamento de 2,4 millóns de euros, a rehabilitación da Casa Forte de Lusío, construída en 1551 e cunha superficie de 1.710 m2, respondeu a criterios de recuperación histórica e posta en valor do patrimonio. Da traza señorial, da casa sobresae unha torre de dúas plantas e destacan os arcos característicos da construción e a muralla que fortifica o inmoble. A Casa Forte de Lusío, que consta de dúas plantas e posúe unha torre cadrada de pedra, atópase no Camiño Francés, preto do tramo que discorre entre Triacastela e Sarria polo concello de Samos.

Para os traballos de construción, aproveitáronse na medida do posible os materiais existentes mantendo a configuración arquitectónica orixinal para conseguir un edificio polivalente. A provisión enerxética foi solucionada a través de medios sostibles como colectores solares e outros medios de regulación e captación calorífica. O albergue de peregrinos, con capacidade para 60 persoas, ocupa ás que eran as salas nobres desta vivenda.

A actuación completouse coa urbanización do entorno, a mellora dos pavimentos e da vía pública de acceso nun total de 3.000 m2, intervencións para as que a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destinou preto de 500.000 euros. Na finca, propiedade da familia Vázquez Queipo de Llano, naceu o físico, matemático e político Vicente Vázquez Queipo de Llano (1804-1893), membro da Real Academia Española da Historia e das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais así como doutros institutos científicos e academias estranxeiras.

A rede de albergues da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo conta este ano con estas novas instalacións de Casa Lusío, abertas ao público no mes de abril e que dispón de 60 prazas; do albergue de Seixas, aberto en xullo no municipio lucense de Palas de Rei e con 26 prazas para peregrinos, e do de Dumbría, inaugurado en setembro e con espazo para 26 persoas. Tamén destaca a remodelación e restauración que se realizou no albergue do concello coruñés de Melide, que se renovou completamente en xullo e ofrece 169 prazas. Segundo o conselleiro, “a meta deste intenso traballo é crear infraestruturas que perduren no tempo e que permitan aos peregrinos gozar dunha hospedaxe de calidade no seus paso polas diferentes rutas do Camiño de Santiago”.

“O Camiño de Santiago é unha das nosas prioridades e tentamos ofrecer unha rede de albergues cos que garantir uns servizos adecuados ás necesidades dos peregrinos que se se acheguen a Galicia nos próximos anos, sempre coa ollada posta no futuro”, asegurou Roberto Varela.

Albergues temporais

Nesta liña de actuación, co obxectivo de complementar a rede de albergues da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e de responder á demanda dos peregrinos que se achegan a Galicia neste Ano Santo 2010, a Consellería de Cultura e Turismo investiu máis de 1,5 millóns de euros para habilitar albergues temporais para peregrinos. A través desta acción permitiuse a adecuación de espazos apropiados para os camiñantes en colaboración cos concellos, entidades relixiosas e outras institucións. Os convenios tramitados permitiron incrementar en case 4.402 prazas as 3.000 ofertadas na Rede de Albergues da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

Neste marco, asináronse cos alcaldes dos municipios da Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés e co prior da Comunidade de Mercedarios de Sarria os convenios relativos aos albergues temporais en tres municipios da provincia de A Coruña e oito da de Lugo, polos que discorre o Camiño Francés. En total, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destinou 392.168 euros a dotación dos albergues temporais nestes concellos o que permitiu a creación de 2.560 prazas de aloxamento para peregrinos e o acondicionamento das instalacións.






Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia