A Xunta de Galicia pon en marcha unha web para seguir a visita do Papa a Santiago

A Xunta de Galicia puxo en marcha unha paxina web onde se recollen todos os aspectos relativos á visita que realizará a Santiago o próximo día 6 de novembro o Papa Benedicto XVI, co fin de que toda a poboación que estea interesada poda seguir polo miúdo toda a información relativa á visita do Pontífice.

Na páxina web aparecen o percorrido que o Papa fará dende o aeroporto de Labacolla ata a catedral, onde veciños, peregrinos e visitantes de Santiago de Compostela poderán saudar a Benedicto XVI no seu recorrido no Papa móvil.

O Pontífice celebrará na capital de Galicia tres actos públicos durante a xornada do 6 de noviembre. Na paxina web, podérase seguir polo miúdo os actos que o Papa levará a cabo nesta visita a Compostela co motivo da celebración do Año Xubilar compostelano.

En torno ás 11.30 horas, o Papa está previsto que chegue ao aeroporto de Santiago onde será recibido oficialmente polos Príncipes de Asturias, autoridades eclesiásticas e civiles nacionales, autonómicas e locales. Posteriormente, sairá en Papamóvil hacia a Catedral. Ás 13.00 horas, o Papa chega á Catedral de Santiago, onde entrará pola Porta Santa, e rezará na capela da Comunión, contemplará o Pórtico da Gloria, e sairá a saludar aos asistentes que estéan na Praza do Obradoiro. Posteriormente daralle o abrazo ao Apóstolo e dirixirá unhas palabras aos asistentes, pudendo admirar seguidamente o voo do Botafumeiro.

Inmediatamente despois, Benedicto XVI manterá un almorzo cos cardenais españois, cos membros do Comité Executivo da Conferencia Episcopal Española e co Séquito Papal nas dependencias do Palacio Arzobispal de Santiago de Compostela.

En torno ás 16.30 horas, o Papa celebrará a Santa Misa e Homilía no Obradoiro, e o seguimento do acto poderá ser seguido nas pantallas xigantes situadas no paseo central da Alameda e nas prazas de A Quintana, Cervantes e Toural, iglesia de San Martiño Pinario e, no colexio La Salle. O acto no Obradoiro será de acceso libre ata completar aforo. E sobre as 19.15 horas, esta previsto a despedida e saída en avión dende Santiago rumbo a Barcelona.

Ademais da axenda de actos, e do percorrido que o Papa fará pola cidade compostelá, poderanse ver na paxina web, diversos links de outras páxinas relacionadas tamén ca visita do Papa á nosa comunidade

• Archidiócesis de Santiago de Compostela: http://www.archicompostela.org/web/index_.htm
• Visita del Papa Benedicto XVI: http://www.visitadelpapa2010.org/portada
• Xunta de Galicia: http://www.xunta.es/portada
• Conferencia Episcopal Española: http://www.conferenciaepiscopal.es/
• Santa Sede: http://www.vatican.va/phome_sp.htm
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia