|
-
A capital británica acolleu o aperitivo do cartel de artistas que actuarán no Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia -Sonar Galicia- que se celebrará en ExpoCoruña entre o 17 e o 19 de xuño. O festival é un exemplo da grande aposta do Xacobeo 2010 por ofrecer espectáculos musicais de altísimo nivel.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, clausurou a XI Edición do Salón Galego de Gastronomía e Turismo Xantar 2010, onde afirmou que “a partir da exaltación das nosas materias primas e do fomento dun servizo de calidade contribuímos á dinamización turística”.
-
O obxectivo da acción é establecer as bases de funcionamento e coordinación entre todas as persoas que traballarán no programa voluntariado Xacobeo 2010. Inclúense relatorios sobre os protocolos de actuación a seguir en caso dunha emerxencia.
-
Nunha mostra na Delegación de Galicia en Madrid, o artista Marnay presenta 35 óleos sobre táboa de diferentes formatos nos que o pintor da auga presenta una persoal visión do Camiño do Norte a Compostela. "Polo camiño da costa", aberta ata o 23 de marzo.
-
O festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia celébrase en ExpoCoruña o 17, 18 e 19 de xuño, os mesmos días que en Barcelona, un feito que acontece por primeira vez no Sónar.
-
O Xacobeo 2010 recolle no Camiño Contemporáneo os proxectos expositivos máis vangardistas, entre os que figuran mostras como Pierre Gonnord. Terre de personne e Regreso ás orixes. Xerusalén, Roma, Santiago.
-
A S.A. de Xestión do Xacobeo promove esta iniciativa que levará as actuacións da Orquestra Panorama, que empezou a actuar o 25 de decembro de 1978, a máis de 200 vilas galegas durante todo o Ano Santo 2010. A xira arranca o 12 de marzo en Bembribre.
-
O ciclo Xacobeo Classics achega a Vigo o recital da mezzosoprano norteamericana Dolora Zajick que está acompañada por Francisco Casanova, o mellor tenor verdiano da súa xeración.
-
Para celebrar a edición especial Xacobeo 2010, Xantar organizou un paquete especial de dous días que inclué a participación no salón e unha visita a Santiago de Compostela.
-
Os Príncipes de Asturias presidiu en Roncesvalles a apertura oficial do Ano Santo Compostelán. Presidentes das Comunidades Autónomas polas que transcorre o Camiño a Compostela asistiron ao evento no que o presidente da Xunta reivindicou a Ruta Xacobea como a matriz de Europa.
|
|