Noticias

  • O Presidente afirmou que a partir do 1 de xullo estarán en funcionamento un total de 71 albergues da rede pública, e refiriuse ao Camiño de Santiago como un compendio de culturas e de valores, pero tamén de vontades de persoas e institucións por colaborar para facer deste Xacobeo 21-22 unha oportunidade de recuperación económica Destacou que a posta en marcha deste albergue pon de manifesto a aposta do Goberno galego pola rehabilitación e polo Casco Vello de Vigo, no que xa se recuperaron máis de 110 vivendas e 34 locais; e están en execución catro obras máis.
  • A decisión da Santa Sé de prolongar o Ano Santo ata o 31 de decembro de 2022 fixo necesario modificar o manual de identidade gráfica da marca Xacobeo 21 anterior á prórroga, se ben a Administración xeral e o sector público autonómico poderán empregar ata esgotar existencias o material corporativo impreso con anterioridade á entrada en vigor do decreto aprobado este xoves polo Consello da Xunta de Galicia. O manual aplicarase a toda a gama de produtos de comunicación da marca Xacobeo 21-22 co obxectivo de darlle á imaxe de marca identidade e coherencia na súa comunicación arredor dos dous elementos sobre a que se constrúe: a cuncha de vieira e un logotipo deseñado con letras personalizadas.
  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, compareceu a petición propia na comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia. Na súa comparecencia sinalou que a presente campaña de verán permite incidir en tres aspectos moi beneficiosos como son: a conciliación, o ocio responsable e a creación de emprego no sector do tempo libre. Cifrou en 650 os contratos asociados a esta campaña durante o ano pasado e destacou que a Xunta de Galicia segue fortalecendo esta oferta como fixo o ano pasado, a pesar da crise sanitaria da covid-19. Neste sentido, lembrou que Galicia foi das poucas comunidades que mantivo estas actividades durante o verán do 2020 cun moi bo resultado, xa que non se rexistrou ningún caso positivo. Así mesmo, fixo balance da oferta da campaña deste ano, que ten como lema ‘O verán que mereces’, e no que se ofertarán un total de 7.800 prazas entre campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos e intercambios con outras comunidades. Trátase de mil prazas máis que o pasado ano.
  • A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación da web audiovisual coa que se dan a coñecer varios itinerarios a través de máis dun cento de vídeo-historias cos relatos sobre as experiencias dos peregrinos. Esta web audiovisual é unha das iniciativas beneficiarias da primeira edición do programa O Teu Xacobeo e conta cunha axuda de 20.000 euros.
  • Alberto Núñez Feijóo trasladou á Súa Santidade o Papa Francisco a invitación do pobo galego a que peregrine a Santiago de Compostela neste Ano Santo 21-22. 'Sería sen dúbida a mellor noticia que poderíamos recibir os galegos', abundou. Durante a audiencia, na que acompañou ao arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, Feijóo agradeceu ao pontífice o 'privilexio' de poder celebrar o Ano Santo ata o 2022; un feito que ocorre por primeira vez na historia e que 'enche de esperanza a toda Galicia'.
  • Hoxe abren a metade de albergues da Rede pública con tódalas medidas de prevención ante a covid-19, dos que 5 deles se atopan no Camiño Francés. Trátase dos do Cebreiro, Casa Fonte de Lusío (Samos), Ferreiros (Paradela), o de Portomarín, e Mato Casanova (Palas de Rei). O límite de ocupación nas zonas comúns será do 50%, pero nas habitacións redúcese aos 30%, salvo para grupos burbulla acreditados. As camas disporanse cunha distancia mínima de 1,5 metros, aínda que se aconsellan os 2 metros se é posible.
  • A Cidade da Cultura de Galicia reforza este verán o programa de visitas comentadas con diferentes opcións para coñecer a arquitectura e funcionamento do complexo, as intervencións artísticas e paisaxísticas nos espazos verdes ou os vencellos entre C o Camiño de Santiago. Estes tres novos xeitos de achegarse ao Gaiás veñen a completar a actual oferta de visitas guiadas ás exposicións Faraón. Rei de Exipto e Os brancos segredos do seu ventre, que a partir de xullo tamén se verá reforzada con novas quendas. Todas as visitas son de balde, con reserva de prazas na web da Cidade da Cultura.
  • O Colexio de Fonseca da USC é dende este mércores o epicentro da investigación interdisciplinaria en torno ao Camiño de Santiago ao acoller o acto inaugural da primeira edición do Congreso Mundial Xacobeo. Este foro que ata o vindeiro 5 de xuño dará voz a especialistas que abordarán o Camiño dende as ópticas da literatura, a filosofía, o dereito, o patrimonio, a saúde ou a historia, foi inaugurado polo rei Felipe VI, quen subliñou o orgullo que para el supón 'inaugurar unha peregrinación intelectual na que pensadores procedentes de tantos lugares, van enriquecer o gran acerbo Xacobeo'.
  • Artellado como un encontro de tres días que terá lugar do 5 ao 7 de novembro no novo Edificio Fontán da Cidade da Cultura, Carta de Santiago contará coa participación de relatores e relatoras de prestixio internacional, especialistas nos diferentes eidos temáticos que tratará o evento, que se estrutura en catro macro-áreas: economía, ciencia, medio ambiente e cidadanía. Das conclusións deste encontro nacerá unha publicación homónima, documento que ademais de recoller as reflexións xeradas, incluirá textos que complementen as conversas e debates ao vivo.
  • Camiño Creativo celebra este ano a súa primeira edición co obxectivo de promover novos modelos de negocio e xerar riqueza e emprego no sector da creatividade ao tempo que se reactivan os sectores económicos tradicionais. Así mesmo, a iniciativa, que conta co apoio da Xunta de Galicia, tamén procura favorecer a cohesión social a través do diálogo intercultural, preparar á mocidade para asumir o liderazgo na economía creativa, promover a difusión de coñecemento, a creatividade e espírito emprendedor e impulsar unha educación cultural aberta á sociedade.