Notas

  • A directora de Turismo presentou a experiencia "Descubre o teu propio Camiño", que facilita a peregrinación a través do emprego de handbikes eléctricas e híbridas e se suma ás melloras de accesibilidade nos albergues do Xacobeo. Conmemórase o 25º aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio Mundial. Concertos e o programa "Cultura no Camiño", antesala do Xacobeo 2021.
  • Os directores de Turismo de Galicia e da prefectura de Wakayama lembran en Fitur os valores comúns que comparten ambas rutas para peregrinos de todo o mundo. Portos de Galicia fixa como obxectivo da náutica galega a fidelización de clientes europeos. Os Trens Turísticos de Galicia estrean dous itinerarios máis no ano 2018.
  • O titular do Goberno galego preside o acto de presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2018 e insiste en que a Comunidade seguirá apostando por un turismo respectuoso e de calidade, que permita preservar o patrimonio e ofrecer a mellor atención ao visitante. Resalta a posta en marcha este ano de “O son do Camiño”, un amplo programa de concertos que servirá como prólogo musical para o grande evento do turismo en Galicia.
  • Organizada por Turismo de Galicia, a exposición itinerante percorre con éxito varias cidades para homenaxear aos hospitaleiros voluntarios. É unha homenaxe a todos os hospitaleiros voluntarios a través dunha selecta colección de fotografías de Manuel G. Vicente que foron tomadas nas últimas décadas. A mostra pretende difundir os valores xacobeos ao longo da Vía da Prata.
  • Turismo de Santiago participa con dous mostradores na Tourismo Expo Japan 2017, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra ente o 21 e o 24 de setembro en Tokio. O primeiro mostrador sitúase no stand de Turespaña, no pavillón de Europa. O segundo ubícase no pavillón xaponés, no stand da prefectura de Wakayama.
  • Promovido por Turismo de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares, o ciclo celébrase desde o mes de xuño na Praza de Praterías. O número de peregrinos xa superou os 150.000, ao redor dun 9% máis que en 2016. Música no Camiño divulga a cultura xacobea e promocionar a música galega entre os peregrinos que acadan a etapa final do Camiño.
  • O texto, que dá conta da pegada e vinculación da cidade coa ruta xacobea, forma parte das diversas accións emprendidas polo Goberno local coa finalidade de difundir, entre a veciñanza e as persoas visitantes, "a estreita e fonda relación coa gran ruta galega da que nos sentimos orgullosos e orgullosas de formar parte", según o Concello.
  • El viaje incluyó una visita al Parlamento Europeo donde se informó a los eurodiputados de cual es la situación actual de los diferentes itinerarios del Camino de Santiago en Galicia y de las acciones previstas hacia el próximo Año Santo 2021. El Instituto Cervantes acogió una mesa redonda con el título “Reconstruir Europa a través del Camino de Santiago”.
  • O presidente da Xunta visitou o Castelo de Pambre, en Palas de Rei (Lugo), e destacou a súa rehabilitación como unha obra patrimonio de todos os galegos que contribuirá a engrandecer os Camiños de Santiagoe reforzar o potencial do Camiño para que 2017 volva ser un ano récord de peregrinos como foi 2016 e para preparar o mellor Ano Santo Xacobeo no vindeiro 2021.
  • Promover a investigación, formación e transferencia do coñecemento sobre o Camiño de Santiago e a peregrinación é o cometido da cátedra que acaba de crearse froito da colaboración entre a USC, a Axencia de Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago de Compostela. Crearase e manterase un fondo bibliográfico e documental sobre as materias específicas do Camiño e outras disciplinas.