|
-
Os galardóns apoian a excelencia creativa nos campos das Letras, as Artes Plásticas, as Artes Escénicas, a Música, o Audiovisual, a Lingua, o Patrimonio Cultural e a Proxección Exterior, podendo ser presentadas candidaturas durante os próximos dous meses por parte das institucións e entidades culturais ou profesionais relacionadas con cada modalidade.
-
Pontedeume acollerá este sábado 22 de xuño a terceira edición da feira “Primavera no Camiño Inglés”, que volverá a reunir aos dezaoito concellos polos que discorre este itinerario xacobeo nun gran evento organizado pola Deputación da Coruña co obxectivo de promocionar os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta, que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.
-
Presentouse a cuarta edición desta campaña de concienciación e sensibilización que ten por finalidade, impulsar a cultura da separación de residuos de envases lixeiros e papel-cartón para a súa reciclaxe, é dicir, fomentar o coidado da contorna, do medio natural e da biodiversidade. Trátase dunha iniciativa que se leva a cabo nos meses nos que se concentra o maior número de peregrinos, de xuño a outubro.
-
O Camiño de Santiago será o protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración do II Forum Peregrino na antiga cárcere, na rúa Sanz. Está organizado pola asociación Iacobus en colaboración co Concello de Tui. O obxectivo é sentar as bases de cara o Ano Santo e dar a coñecer diferentes camiños de peregrinación a Santiago, así como reunir nun evento aos grandes expertos do Camiño de Santiago.
-
Ao certame poderán concorrer, desde hoxe ata o vindeiro 24 de agosto, todos os e as poetas de calquera lugar do mundo que presenten un poemario orixinal en galego ou castelán, cuxo contido oscile entre os 450 e os 550 versos arredor do tema “a vida como camiño” e que manteñan unha vinculación co Camiño de Santiago desde a perspectiva do conxunto do poemario. A obra gañadora recibirá 1500 euros, un diploma acreditativo e a publicación da obra, tanto en galego coma en castelán.
-
Os premios convocados están distribuídos en catro categorías: actuacións realizadas polos concellos, as agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas galegas; actuacións realizadas polas asociacións de amigos do Camiño de Santiago; actividades desenvolvidas polas persoas físicas ou pemes; e iniciativas de carácter académico, investigador ou educativo.
-
En 1993 o Camiño de Santiago foi declarado Patrimonio da Humanidade e nestes 25 anos cambiaron moitas cousas e non todas para ben. O mellor valor da cidade é unha imaxe de marca internacional baseada no patrimonio, material e intanxible, excepcional de Santiago. O seu éxito cambiou e cambiará aínda máis a cidade e as súas xentes, xerándolles problemas debidos á presión do turismo de masas e a que os veciños se ven desbotados destas tendencias.
-
Coincidindo co ano do 25 aniversario do recoñecemento ao Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Unesco que se conmemorou en 2018, a Consellería de Cultura e Turismo vén impulsando a exposición O Camiño de Santiago debuxado, que permanece no Museo das Peregrinacións e de Santiago da capital galega durante este mes de xaneiro.
-
Coa intención de reforzar o histórico papel de Francia na peregrinación a Compostela, a Consellería de Cultura e Turismo participou en Saint-Jean-Pied-de-Port na reunión da Asamblea Xeral da Federación Francesa de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, entidade na que están integrados máis de 40 colectivos xacobeos.
-
A cidade portuguesa de Braga acolle desde hoxe e ata principios de decembro a exposición itinerante De mar a mar, como parte da programación do Ano do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa que a Consellería de Cultura e Turismo está a celebrar durante todo este 2018, como establece o Plan director do Camiño de Santiago.
|
|