Notas

  • O documento define a constitución dunha Comisión de Cooperación das comunidades autónomas asinantes e a creación dun grupo de traballo para o impulso de accións conxuntas que permitan a potenciación e a protección da ruta. No seno desta Comisión formaranse dous grupos con representantes de cada unha das autonomías que traballarán por un lado na promoción turística e na programación cultural e, por outro, na defensa e protección patrimonial do itinerario histórico.
  • O obxectivo deste proxecto, ao que tamén se adheriron 16 prazas de abastos, é potenciar as vendas do comercio de proximidade nos concellos polos que transcorren as rutas xacobeas, ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos. Os negocios participantes poderán beneficiarse das actuacións de dinamización que se leven a cabo para apoiar a celebración do Xacobeo 2021, co obxectivo de animar a peregrinos e veciños das vilas e cidades a consumir produtos de proximidade no comercio local.
  • O Museo Centro Gaiás acollerá o próximo mes de outubro Galicia, de Nós a nós, a segunda exposición do Xacobeo 2021 centrada no centenario da publicación da revista Nós e no legado do grupo de intelectuais galeguistas que contribuíron co seu labor, nas primeiras décadas do século XX, ao desenvolvemento, renovación e internacionalización da literatura e da cultura galega.
  • O Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións ten por obxecto recoñecer a investigadores nacionais ou estranxeiros que teñan publicado durante 2019 un traballo en formato libro, ou defendido unha tese de doutoramento, que tivera como tema de estudo o Camiño de Santiago ou as Peregrinacións. O galardón que chega xa á súa terceira edición, impulsado pola Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC.
  • Foi inaugurada na igrexa de Santa María A Real do Cebreiro a mostra itinerante 'O FIN DO CAMIÑO”', organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. Deste xeito, o proxecto chega ao final da súa primeira fase, na que a exposición percorreu o Camiño Francés en sentido inverso, desde Santiago de Compostela ata O Cebreiro. Están previstos novos desprazamentos nos vindeiros meses polo resto de Camiños, dentro e fóra de Galicia.
  • Galicia estará presente na 40ª edición de Fitur, a Feira Internacional do Turismo que se celebra en Madrid do 22 ao 26 de xaneiro, a través dun novo stand centrado no Xacobeo 21 que permitirá recrear o Camiño de Santiago mediante un percorrido sensorial inmersivo. O expositor da nosa Comunidade terá unha superficie de 967 metros cadrados e estará centrado nas particularidades de Galicia como destino turístico, en especial, no Camiño de Santiago na antesala do Xacobeo 21.
  • Foi inaugurada en Portomarín (Lugo) a mostra itinerante 'O Fin do Camiño', organizada polo Colectivo Egeria coa colaboración de GaliciaDigital. Os textos abordan o tema de O FIN DO CAMIÑO como expresión dos sentimentos que moven ao peregrino para emprender este Camiño milenario, tendo capítulos especiais para o motor da fe, os máis de mil anos dos camiños, o percorrido cara a unha terra de brumas e de luz.
  • Son 105 actividades que teñen lugar cada fin de semana ata que remate o ano e nas que os peregrinos poden interactuar cos veciños das cidades e vilas polas que pasa a Vía da Prata, unha ruta con destacados recursos naturais e patrimoniais e que conta cun importante potencial de crecemento. Con este obxectivo deseñáronse tres tipos de actividades: rutas a pé, iniciativas gastronómicas, e obradoiros para nenos e adultos nos que transmitir os valores xacobeos.
  • Dende hoxe ata o mércores, a Deputación da Coruña participa en Londres na World Travel Market (WTM), unha das feiras de turismo máis importes de Europa, onde se amosan as novidades e plataformas de promoción do sector turístico. Ademais, ofrece espazos innovadores, creadores de tendencias, relacións comerciais e conferencias sobre o que está a suceder na industria turística.
  • O presidente Núñez Feijóo, informou na rolda de prensa do Consello, do recoñecemento como Embaixador do Camiño ao Consello de Europa, unha figura que, recordou, foi creada en 2013 para distinguir o labor de persoas e institucións que contribuíran ao coñecemento e divulgación da ruta e dos seus valores.