Imos facer o Camiño do Norte a Santiago de Compostela, máis antigo que o Camiño Francés, polo que acudían á capital de Occidente os que chegaban de Europa pola cornixa Cantábrica, os que chegaban por mar ó norte da Península Ibérica. As primeiras peregrinacións chegan de Asturias. Estamos no século X, ou en data anterior. Os peregrinos chegan a través do país Vasco, percorren terras verdes como promesa da verde Galicia do Apóstolo. Pasarían por Oviedo a honrar ó Salvador e, ou ben seguían o Camiño Primitivo polo interior, ou seguían a Ruta Cantábrica, Camiño do Norte ou Camiño Alto... Dentro deste Camiño Alto, o principal punto de entrada a Galicia era Ribadeo. |
|||