A continuación veremos o paso do Camiño Francés por Palencia
Entramos na provincia de Palencia.
FROMISTA, de Fromesta ou Frumenta (rica en cereais), foi habitada polos romanos e tivo grande importancia en tempo dos visigodos.
Aquí fundou Dona Mayor de Navarra un mosteiro que dona Urraca agregou ao de Carrión e do que se conserva a igrexa de San Martín, xoia do románico europeo.
Santa María del Castillo é oxival, de tres naves e portada renacentista. Fromista tivo dous hospitais do que se conserva o de Palmeros, convertido en Hostalaría.
Un monumento recorda a San Telmo, patrón dos mariñeiros e de Tui.
Sirga, en Castela, é calzada.
VILLALCAZAR DE SIRGA é na actualidade unha pequena aldea cunha monumental igrexa gótica de sta. María, do s.XIII.
Os milagres da virxe corrían de boca en boca pola ruta:
Romeus que de santiago
Ya fóron-lle contando
os miragres que a Virgen
Faz en Vila-Sriga.
No alto, a beiras do rio Carrión, CARRIÓN DOS CONDES patria do Marqués de Santillana, e residencia que foi dos Condes de Carrión.
Os peregrinos entraban pola rúa onde está situada Santa María del Camino, románica, do s.XII. Na súa fachada, motivos relacionados co pagamento do tributo das cen doncelas, que se cree facíase no lugar que hoxe ocupa o templo.
O Mosteiro de San Zoilo ten, segundo Camón Aznar, un dos máis marabillosos claustros do Renacemento de España.
Conserva os sepulcros dos Infantes de Carrión.
Aquí venerouse a cabeza de Santiago o Menor, que logo estivo en San Isidoro de León e hoxe se encontra na catedral de Compostela.
Á portada da igrexa de Santiago, do s.XI, con vinte e catro figuras que representan a outros tantos oficios, e os doce apóstolos e Cristo Pantocrátor, comparóuselle co Pórtico da Gloria do Mestre Mateo.