2: Lourenzá - Mondoñedo

Mondoñedo

Etapa de descanso y visitas, 8 Km.

De Lourenzá a Mondoñedo, pequenísimas poboacións con humildes capelas que percorreremos rapidamente para entrar na antiga Vallibria, Val de Brea, Mondoñedo, sede episcopal, unha das sete capitais do antigo Reino de Galicia, cidade monumental declarada conxunto histórico-artístico que posúe un Centro de interpretación do Camiño Norte.

Puente de San Lazaro en Mondoñedo-LugoO camiño entra pola Ponte de San Lázaro, onde existiu un lazareto desde o século XIV para enfermos de lepra. A ponte actual foi construída polo bispo Frei Antonio Sarmiento de Sotomayor, no século XVIII.

 

 

 

 

 

 

Fonte Vella, Mondoñedo

Subían os peregrinos pola rúa hoxe denominada do Camiño Norte, que os conducía á Praza da Catedral.Moi preto estaba a Albergaría, para peregrinos sans. Visitaban a Fonte Vella, construída en 1548 polo bispo Don Diego de Soto para solucionar as carencias de abastecemento da cidade. Ten catro caños, e gradas ou escaleiras para acceder a ela. Está abovedada e ostenta os escudos do Bispo e do Rei.

 

 

Catedral de Mondoñedo- Foto Carlos Rodríguez

 

 

 

 

 

Sen dúbida, o principal monumento mindoniense é a súa Catedral, erixida polo bispo Don Martín na primeira metade do século XIII. Ten tres naves, a central de dez metros de ancho e de seis as laterais.

 

 

 

 

 

Catedral de mondoñedo

Na súa fachada ostenta un magnifico rosetón de cinco metros de diámetro, considerado polo historiador Villamil y Castro como “o mellor adorno da catedral”, que proporciona unha luz especial á nave maior.
Nos capiteis historiados e zoomórficos da portada, apréciase a man de varios mestres e a inspiración cistercense.

Interior Catedral Mondoñedo

No século XVI, construíuse un deambulatorio con capelas ó redor da capela maior. Entre estas destaca a do Santísimo, máis coñecida como da Virxe Inglesa. Oxival, conserva unha imaxe da virxe, tamén coñecida como Nosa Señora A Grande, doada en 1555 polo clérigo Alonso Ares de Mourelle, despois de tela adquirido en Ferrol a uns ingleses chegados de Londres, crendo que dita imaxe estivo na igrexa londinense de San Pablo.

Frescos góticos en la Catedral de MondoñedoConserva frescos do século XVI, de gótico tardío, atopados ó retirar o coro da nave central, que reflicten uns aspectos da vida de San Pedro e noutros a Degolación dos Inocentes e a Fuxida a Exipto.

Os restos do coro renacentista están na parte norte do cruceiro.
O claustro, de planta cadrada, de estilo herreriano, foi construído polo mestre Ibáñez Pacheco no século XVII (entre 1636 e 1641), substituíndo un claustro gótico. 

O gran retablo barroco da capela maior é de 1769 e os murais ó óleo de 1773

 

 

 

 

Claustro Catedral de Mondoñedo

 

Con acceso desde a Catedral, Museo Catedralicio e Diocesano de Mondoñedo con riquísimas obras de arte sacra, froito dun encomiable traballo de conservación do patrimonio artístico da diocese.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Seminario y Obispado Mondoñedo

 

Na monumental cidade merecen ser contempladas as fachadas nobilísimas do Pazo Episcopal e do Seminario, ambos do século XVIII;

Virgen de los Remedios Mondoñedo

A igrexa de Santiago, do XIX; o barroco Santuario dos Remedios, do século XVIII, erixido polo bispo Sarmiento. E xa fóra da cidade o Convento dos Picos, con fachada do século XVIII, se ben sábese que xa en 1285 se atendía aquí ós peregrinos a Compostela.

Barrio de los Molinos, Mondoñedo, Lugo

Moi preto está o Barrio dos Muíños, totalmente rehabilitado na actualidade, e no que se pode contemplar o traballo de diversos artesáns: oleiro, zoqueiro, muiñeiro, titiriteiro, fotógrafo, serigrafía, liño... 

 

Puente Mondoñedo

Antigamente, o camiño cara a Lugo e Castela pasaba por este barrio e cruzaba a Ponte de Ruzos. Segundo a lenda, cando no 17 de decembro de 1483 as tropas dos Reis Católicos apresaran ó Mariscal Pero Pardo de Cela e ía ser executado por opoñerse ás forzas reais, nesta ponte varios cóengos entretiveron a Isabel de Castro, esposa do Mariscal, para que non puidese presentar a tempo o indulto que os Reis lle concederan ó seu marido. Pardo de Cela foi decapitado na praza principal de Mondoñedo. Desde entón, esta ponte foi coñecida como Ponte do Pasatempo, e o Mariscal entrou na historia, e na lenda.