Camiño Primitivo

Non imos facer o puro Camiño Primitivo físico.
Imos percorrer o Camiño deixándonos influír polas pegadas que a peregrinación deixou no decurso dos séculos.

Camiño Primitivo de

Por iso facemos caso, dun xeito especial, á monumentalidade do contorno, a que xurdiu para impresionar, conmover, ós peregrinos; a que xurdiu como mostra da fe dos peregrinos e da peregrinación

mapa

Dicimos “Camiño de Santiago”, e o costume quere que automaticamente pensemos no Camiño Francés a Compostela.
Pero hai outros moitos camiños… Fálase de oito en Galicia, aínda que o certo é que na práctica hai tantos camiños como rutas posibles. Cada quen procura o seu Camiño.
E o Camiño Primitivo, xenuinamente noso, que ademais foi o primeiro. Ténselle chamado o “Camiño do Norte polo interior”, pero verdadeiramente é o Camiño Primitivo a Compostela, o Camiño Vello. O primeiro dos Camiños, dous séculos anterior ó logo coñecido como Camiño Francés, o único itinerario operativo no primeiro período da Reconquista, ó abeiro das invasións musulmáns.
É esta a vía xacobea máis antiga do mundo, solapada sobre un destacado itinerario prehistórico con gran acumulación de asentamentos castrexos, campos de mámoas e fitos da cultura megalítica, especialmente relevantes nas serras de El Palo, Montefurado e Hospital de Montouto, así como no condado de Mera, alén Miño… Unha verea antiquísima aproveitada como calzada romana entre Lucus Asturum a Lucus Augusti para a explotación mineira da cunca aurífera do río Navia, e de Lucus Augusti a Iria Flavia a través da vía XIX do itinerario de Antonino Caracalla.