BarbadeloO templo de BARBADELO, románico, dedicado ó Apóstolo Santiago, é Monumento Nacional. Está próximo ó lugar de Mosteiro, recordo sen dúbida do primitivo mosteiro anexionado a Samos a finais do século IX. Tímpano, frontis e lado norte son o máis destacado da Igrexa. Consérvanse, así mesmo, restos do antigo priorado benedictino, en estado ruinoso. Ata Barbadelo, e aínda ata Triacastela, chegaban os enviados dos hoteleiros de Santiago de Compostela ofrecendo hospedaxe, así como multitude de desaprensivos tratando de espolia-los peregrinos. Ó final do municipio de Sarria, VELANTE (cun bo exemplo do máis humilde románico rural galego. E BREA (verea) un de tantos pobos que deben o nome á súa presencia secular á beira do Camiño.
Paradela
Estamos xa no municipio de PARADELA. A nosa ruta é eminentemente rural, moi suxestiva para o viaxeiro, con pequenos núcleos, modestas igrexas, memoria de antigos hospitais e frondosa vexetación. Moi cerca do camiño, Cortes, onde existe un bloque de lousa que se cre foi un altar de sacrificios. Coñéceselle como a Pena da ferradura do cabalo, polo parecido do seu tallado cunha ferradura.
En Loio existiu o Mosteiro de Santa María de Loio ou de Ribalogio, restaurado no século IX polo monxe Quintila, berce da Orde Militar dos Cabaleiros de Santiago en Galicia no século XII. Hoxe nin sequera quedan as ruínas daquela gran casa.
Portomarín
O vello PORTOMARÍN estaba formado polos núcleos de San Pedro e San Nicolás, ós dous lados do Miño. A construcción do embalse de Belesar a comezos dos anos 60 fixo desaparece-lo vello pobo e os seus máis destacados monumentos foron trasladados pedra a pedra ó alto da lomba... Cruzámo-la gran ponte sobre o río e entramos na vila pola escalinata de Nosa Señora das Neves. San Nicolás é o gran templo-fortaleza de Portomarín. Erixido no século XIII, pertenceu á Orde de San Juan de Xerusalén. Domina a cidade e desde o seu paseo de ronda contémplase unha amplísima panorámica do entorno.
La iglesia de San Pedro, románica, del siglo XII; la Casa del Conde, pazo del siglo XVI, y el Palacio de Berbetoros, del XVII, completan la monumentalidad de Portomarín rescatada de las aguas.
A Igrexa de San Pedro, románica, do século XII; a Casa do Conde, pazo do século XVI e o Pazo de Berbetoros, do XVII, completan a monumentalidade de Portomarín rescatada das augas. O novo Portomarín é un conxunto urbano no que se soubo conxuntar modernidade e historia, para seguir sendo marco adecuado do discorrer de peregrinos cara a Compostela. |
|||