O descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago en Compostela, constitúe un dos acontecementos máis importantes da Idade Media en Occidente.
E a cidade que xorde arredor do Sepulcro convértese na terceira das cidades santas da Cristiandade, despois de Xerusalén e Roma: a capital de Occidente. Imos seguir o Camiño de Santiago para recoller visualmente as máis importantes pegadas da peregrinación. Facémolo no medio de millares de persoas que a diario o percorren... Eran xa medio millón ao ano as que o percorrían no século XII. "Todos somos romeiros, que camiño andamos", dixo Gonzalo de Berceo. Pero para ser verdadeiro peregrino, o camiño hai que facelo a cabalo ou a pé. A nosa viaxe na rede exímenos, por esta vez, de tal práctica. E acudimos ás fronteiras con Francia para comezar a percorrer o primeiro dos Camiños de Santiago. Viñan peregrinos de Alemaña, Suiza...de toda Europa. De Francia, chegaban catro itinerarios. Tres deles confluían en Ostabat, no país vasco francés, e entraban unidos por Roncesvalles, e o cuarto por Somport (Huesca). As tres vías que entraban por Roncesvalles eran:
|
|||