6: Baamonde - Miraz

Etapa de 20 Km.Puente de San Alberte, Parga, Lugo Concello de Guitiriz

Pouco despois de Baamonde, pero xa no concello de Guitiriz, ponte medieval de San Alberte, recentemente restaurada, onde a lenda quere que o demo estivese en tempos atado para que non fixese mal ós camiñantes.

Capilla de San Alberte, Parga. Lugo, Foto Carlos Rodríguez

No medio do arboredo que case a oculta, capela de Santo Alberte, gótica, do século XIV. De nave única, con ostensibles contrafortes, é o singular marco dunha gran romaría anual que reúne a milleiros de chairegos.

San Breixo y Santa Leocadia, Parga-Guitiriz, Lugo

No camiño despídese de Guitiriz despois de atravesar San Breixo e Santa Leocadia de Parga.

Friol

Seixon-Miraz

Entra o camiño no concello de Friol, chegando a San Paio de Seixón. Conserva Seixón igrexa románica, que segundo consta foi construída polo Mestre Xoán no ano 1140.
En Santiago de Miraz, torre de planta cadrada do século XV, resto do que foi Castelo dos Saavedra.

E moi preto da nosa ruta, a fortaleza de San Paio de Narla, que alberga a sección de etnografía do Museo Provincial de Lugo. Hai que subir ó alto da súa torre para poder contemplar unha paisaxe irrepetible.