Burgos

A continuación veremos o paso do Camiño Francés por Burgos

Velaquí BURGOS, Caput Castellae, que foi chamada Sinfonía de pedra e cemento. Aquí uníase o camiño vasco.
Diego Rodríguez Porcelos repoboou Burgos no 884. Primeiro foi cidade - castelo, logo capital do condado burgalés, de condado castelán, e capital do reino de Castela e León.
A súa Catedral ten unha Porta do Perdón (hoxe clausurada) por onde entraban os peregrinos.Y dentro, capela de Santiago e imaxe do Cristo de Burgos (do s.XIII, que se cree foi achado en alta mar),de gran veneracion entre os peregrinos, que se trasladou á catedral no s.XIX, dende o convento de san Agustín.
A Catedral Románica foi empezada a construír por Alfonso VI en 1075. Os seus alicerces serviron para elevar a actual Catedral Gótica empezada por Fernando III o Santo en 1221. Na magnífica catedral, merecen especial mención sepulturas de membros da coroa castelá; cofre do Cid; capela do condestable de Castela; e Escaleira dourada de Diego de Siloé( renacentista, de 1519).
A cidade chegou a ter 35 hospitais. O Camiño discorría polas rúas Calzadas, San Juan, Avellanosy Fernán González ata a Ponte Malatos. E dende alí bifurcábase ata o Hospitalel Rey fundado por Alfonso VIII, actual universidade. Esta é a terra do Cid e a igrexa de Santa Águeda está situada no soar que ocupou Santa Gadea, onde o Cid fixo xurar a Alfonso VI non ter nada que ver coa morte do seu irmán.

LAS HUELGAS é Mosteiro próximo á capital, no que se acollía os peregrinos pobres a calquera hora. Na súa capela de Santiago eran arma cabaleiros os reis ante unha imaxe do Apóstolo. Conserva sepulcros de reis e nobres casteláns.
É o máis célebre dos mosteiros cistercienses de España. Foi fundado cara a 1180 por Alfonso VIII e a súa esposa Dona Leonor de Aquitania nun lugar de esparexemento - de folga - pertencente á Coroa. 

CASTROJERIZ, conserva as ruínas do seu antigo castelo. Poboado celtibérico romanizado, chegou a contar con sete hospitais. A súa rúa-camiño ten case 1.500 metros de lonxitude.
Santa María del Manzano data do século IX. A súa Colexiata é do s.XIII. No seu interior, conserva un talle da Virxe cuxos milagres se mencionan nas cantigas de Alfonso X o Sabio.