|
-
Agadic e a Axencia Turismo de Galicia organizan este ciclo, que despregará a súa nova carteleira do 15 de abril ao 30 de setembro.As formacións artísticas interesadas en participar teñen de prazo ata o 23 de febreiro para achegar as súas propostas de espectáculos de teatro, danza, música, narración oral, novo circo ou maxia.
-
Destácase en Fitur 2015 o Plan Smart Turismo para impulsar a modernización e a competitividade do sector a través das TIC. Un dos piares deste Plan é o proxecto "Smart Camiño", un bo exemplo de acción baseada no fomento do talento e o aproveitamento das novas tecnoloxías.
-
Cultura e Educación inviste 37.000 euros na restauración do retablo de San Ildefonso da Capela do Bispo de Quito, na Igrexa de Santa María a Maior de Iria Flavia, co obxectivo de poñer en valor unha das pezas máis relevantes deste templo, que ten a consideración de Ben de Interese Cultural, e polo que pasa o Camiño Portugués.
-
A directora de Turismo de Galicia destaca a importancia do labor científico e divulgativo para a preservación do Camiño de Santiago. Nava Castro sinalou que o Camiño de Santiago é un fenómeno vivo e en pleno auxe que está servindo de modelo demostrador para moitas outras rutas de peregrinación mundiais.
-
Esta exposición belenística inaugurada polo xerente do Xacobeo pódese ver na Capela de San Xoán da Catedral de Ourense ata o 7 de decembro. Forma parte dun ciclo de mostras temporais de beléns que percorren lugares seleccionados do camiño que realizou o santo, no marco da sensibilidade xacobea e franciscana.
-
Turismo de Galicia colabora coa organización deste evento no que participan os máis sobresaíntes investigadores europeos das peregrinacións xacobeas. Entre os investigadores que participan se atopan o presidente do Gremio de expertos, Paolo Caucci von Saucken, os presidentes das asociacións alemá e francesa, Klaus Herbers e Adeline Rucquoi.
-
Un total de doce músicos, seis prodixios musicais galegos e seis novas estrelas rusas procedentes das prestixiosas fundacións de música clásica Rostropóvic e Spivákov, foron os seleccionados para participar como intérpretes no IV Festival Internacional Peregrinos Musicais en Compostela.
-
Entendendo o Camiño como un dos principais sinais de identidade para o futuro de Galicia, Feijóo avoga por reforzalo a travésda creación dun centro internacional de acollida aos peregrinos. Entende que o Plan Director dos Camiños de Santiago actúa como folla de ruta para o Ano Santo de 2021.
-
Oviedo acolle ata o 15 de outubro, no Palacio de Conde de Toreno, a exposición que está enmarcada nos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago e que promove Turismo de Galicia en colaboración co Banco Etcheverría.
-
A exposición conta coa participación de 35 artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel. É unha homenaxe á cultura do noso tempo e xira arredor da idea do Camiño de Santiago percorrido por San Francisco de Asís hai 800 anos e do concepto de camiñar.
|
|