Turismo promociona Galicia no mes de febreiro en cinco feiras internacionais

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, continúa a campaña de presentacións e comercialización da oferta turística galega nas diferentes feiras turísticas estatais e internacionais.

Tras percorrer durante o mes de xaneiro as cidades de Utrecht, onde participou na feira xeral de Turismo Vakantiebeurs, viaxou á BTL de Lisboa, a feira turística de maior repercusión en Portugal, á CMT de Stuttgart, e ao salón dedicado ao termalismo Thermalies en Paris. Por último, en xaneiro acudiu a feira BOOT en Düsseldorf, un dos certames náuticos máis relevantes en Europa e en FITUR, celebrada en Madrid.

En febreiro, o expositor de Turgalicia viaxará á feira xeral de Turismo Salon des Vacances de Bruxelas, do 4 ao 7 de febreiro. Turgalicia participa dentro do stand de Turespaña. A seguinte cita chegará do 18 ao 21, coa celebración do certame turístico máis importante de Italia: B.I.T. en Milán, no que tamén participa dentro do stand de Turespaña.

Promoción en Alemaña

Case nas mesmas datas, do 18 ao 22, Turgalicia viaxará a Munich á feira F.R.E.E, un certame xeral de Turismo dentro do stand de Turespaña. Do 24 ao 28, a presenza da oferta turística galega tamén está tamén asegurada na Reise Camping de Essen, a feira especializada en campismo máis improtante de Europa, á que Turgalicia asistirá cun stand de 48 metros cuadrados, de deseño.

Por último, do 26 ao 28, Turgalicia participa na TCV, a feira de Turismo da Comunidade Valenciana. Neste certame acudirá cun stand de deseño de 60 metros cuadrados, no que estará presente o Xacobeo.



Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Fotografía: arquivo GD.