O proxecto Caxato potencia a formación en maiores de 50 anos tomando o Camiño como fío condutor para a aprendizaxe |
A USC seleccionou, de entre o estudantado de IV Ciclo que así o solicitou, as persoas participantes neste programa que ao longo de dous anos combina formación coa experiencia emanada do Camiño. No marco desta iniciativa, arredor dunha trintena de estudantes da USC pero tamén doutras institucións españolas, italianas e francesas percorreron esta semana Fonfría, con visitas a Samos, O Cebreiro e cunha peregrinaxe entre Portomarín e Ligonde, Ribadiso e O Pedrouzo. Agárdase que este venres 17 cheguen a Compostela.
Caxato está financiado polo programa Erasmus+ da Unión Europea e liderado polo grupo de investigación Terceira Xeración (TeXe) do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC. O resto de organizacións que compoñen o consorcio proveñen de España, Francia e Italia, e son especialistas en educación permanente, de persoas adultas maiores, ou no Camiño de Santiago. Trátase da European Grants International Academy (EGInA), o Centro Italiano per l’Apprendimento Permanente (CIAPE), a Fundación da Universidade da Rioxa, o Institut de Recherche Jacquaire (IRJ) e a empresa SocialDocs.
“O proxecto pretende xerar coñecemento partindo da investigación e a formación, así como mellorar as capacidades das persoas participantes a través dunha experiencia activa que permita a cada participante desempeñar unha función central no seu propio proceso formativo”, explican dende a coordinación de Caxato. Búscase tamén reforzar as capacidades internas das institucións socias a partir da colaboración e o intercambio de experiencias formativas e de capacitación. Para logralo, a iniciativa estruturouse en tres grandes áreas. A primeira vinculada á xeración do ecosistema de formación e capacitación que sentará as bases para o desenvolvemento do proxecto. Unha segunda, máis experiencial, onde se realizan algunhas etapas do Camiño en diferentes puntos xeográficos e na que se producirán materiais audiovisuais por parte das persoas participantes que serán difundidos a través das canles de difusión do proxecto. Finalmente, a terceira parte servirá para afianzar alianzas e darase continuidade ao xerado nas dúas etapas anteriores a partir do deseño dun curso de experto sénior no Camiño.
A parte experiencial iniciouse en marzo, coa etapa italo-francesa e continuou en abril na Rioxa. En cada caso desprazáronse cinco participantes de cada entidade (catro alumnos/as e un/unha formador/a). En cada etapa combínase formación impartida por SocialDocs sobre cinema co móbil, aproximación ás dimensións patrimonial, ambiental, gastronomía e produtos típicos, artesanía e oficios populares, e tradicións e costumes. En cada encontro realízanse tres etapas do camiño.
“O que pretendemos é xerar experiencias formativas de calidade a partir da participación de persoas adultas maiores de distintos países europeos para compartir e vivir unha experiencia intercultural que contribúa ao envellecemento activo tendo como eixo central os valores en torno ao Camiño de Santiago”, conclúen dende o grupo TeXe.

Universidade de Santiago de Compostela (USC)