Acreditacións

Acreditacións

A CREDENCIAL XACOBEA UNIVERSITARIA

A Acreditación Xacobea Universitaria é unha iniciativa que no ano 2002 puxo en marcha Alumni Navarrenses (Universidade de Navarra), xunto coas universidades españolas situadas no “Camiño Francés”, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago entre o colectivo universitario a nivel internacional.

A Acreditación Xacobea Universitaria compóñena dous documentos (a credencial do peregrino universitario e o certificado xacobeo universitario ou a “Compostela Universitaria”), que acreditan ó “universitario peregrino” de calquera universidade do mundo e certifican o seu paso polas universidades europeas situadas nalgún dos itinerarios europeos do Camiño de Santiago, tanto históricos como actuais.

O Camiño de Santiago comeza na casa do peregrino e remata na tumba apostólica. Os diferentes itinerarios teñen denominacións non sempre coincidentes, segundo os autores, pero como máis usuais indicamos as seguintes.

Itinerarios principais son: Camiño Francés (Lemovicense, Turonense, Podiense, Tolosana e Piamonte), Camiño do Norte, Camiño Primitivo, Ruta da Prata, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Camiño Italiano. http://www.campus-stellae.org/lacredencialuniversitaria.htm

A CREDENCIAL DO PEREGRINO

A credencial ven ser un salvoconduto do peregrino. Está personalizada e entrégase unicamente ós que peregrinan a Santiago a pé, en bicicleta ou a cabalo. Conséguese a través das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (ver o apartado “Asociaciones”) ou ben no lugar onde se comeza o
Camiño. A súa entrega é instantánea e só fai falla o D.N.I.
Este documento é imprescindible para poder acceder ós albergues ou aloxamentos especiais para peregrinos, sempre que haxa sitio libre. E nestes albergues é onde se sela a Credencial para dar testemuña do paso do peregrino. Tamén serve para obter descontos especiais en museos,
mosteiros e nalgúns centros de ocio.
Como se obtén?
En moitos albergues, parroquias e puntos de partida adóitana ter. Case sempre se entrega gratuitamente. Nalgúns lugares cobran 0,15 ou 0,30€.
Se finalmente se desexa que a Catedral de Santiago acredite que se efectuou a peregrinación e recibir a “Compostela”, cómpre ter peregrinado, como mínimo 100 km. a pé ou 200 se é a cabalo ou en bicicleta, antes de chegar a Santiago.
Onde se obtén?
RONCESVALLES – Oficina do peregrino
CANFRANC – Oficina de Turismo de Canfranc Estación (Torre de Fusileros, entre Canfránc Estación e Canfránc pobo)
JACA – Igrexa de Santiago
LARRASOAÑA – Albergue municipal de peregrinos (D. Santiago Zubiri)
PAMPLONA – Albergue de Peregrinos
PAMPLONA – Universidade de Navarra – punto de información do Edificio Central do Campus Universitario.
PUENTE LA REINA – Albergue de peregrinos
ESTELLA – Albergue de peregrinos
LOGROÑO – Albergue municipal de peregrinos
SANTO DOMINGO DE LA CALZADA – Albergue de peregrinos da Cofradía do Santo
BURGOS – Albergue de peregrinos. (Asociación de Amigos do Camiño de Burgos)
FROMISTA – Oficina do peregrino (Mosteiro de San Zoilo)
LEÓN – Albergue de peregrinos
ASTORGA – Albergue de peregrinos
MOLINASECA – Albergue de peregrinos (Alfredo)
PONFERRADA – Albergue de peregrinos
VILLAFRANCA DEL BIERZO – Albergue de peregrinos Ave Fenix (Jato)
O CEBREIRO – Albergue de peregrinos
SAMOS – Albergue do Mosteiro
SARRIA – Albergue de peregrinos
PORTOMARÍN – Albergue de peregrinos

A Compostela

É o documento que lle entregan, se o desexa, na oficina do peregrino ó chegar a Santiago de Compostela, que acredita ter feito o Camiño en peregrinación.
A Compostela acredita que “O Cabido desta Santa Apostólica e Metropolitana Igrexa Catedral Compostelana, custodio do selo do Altar de Santiago Apóstolo, a tódolos fieis e peregrinos que chegan desde calquera parte do Orbe da Terra con actitude de devoción ou por causa de voto ou promesa ata a Tumba do Apóstolo, Noso Patrón e Protector das Españas,
acredita ante todos os que observen este documento que don…….. visitou devotamente este Sacratísimo Templo con sentido cristián”.

En fe do que lle entrego o presente documento refrendado co selo
desta mesma Santa Igrexa.

Dado en Santiago de Compostela o

día...............mes.................ano do Señor....................

 

O Secretario Capitular