O cuarto congreso da Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC presentou os proxectos de investigación da convocatoria 2020

No seu conxunto estes proxectos presentaban propostas de estudo de carácter divulgativo e pedagóxico nas que se trataron cuestións relativas ao impacto da COVID na formación e traballo do colectivo dos hospitaleiros que xestionan os albergues, o patrimonio inmaterial do Camiño portugués interior, a gastronomía asociada ao Camiño en Galicia e a súa influencia no desenvolvemento biocultural, a peregrinación xacobea a través do porto de Barcelona, a evolución da imaxe promocional do Camiño dende 1993 ou varias propostas orientadas á formación de mestrado para propiciar os procesos de ensino para nenos e nenas na cultura, identidade e valores do Camiño, entre outros temas.

Coa participación de preto dun cento de participantes de xeito presencial e en liña, o Congreso pretendía poñer en valor a actividade científica, divulgadora e didáctica de investigadores, entidades e universidades involucradas no estudo do Camiño e as Peregrinacións. O encontro contou coa participación de estudantado e profesorado universitario e de ensino medio, asociacións xacobeas, centros de investigación nacionais e internacionais, así como profesionais e axentes turísticos. O director da Cátedra destacou, Miguel Taín valorou positivamente a participación desenvolvida arredor dos proxectos presentados a pesar do actual contexto sanitario, o que obrigou a combinar sesións presenciais e por videoconferencia.
R.