Noticias

  • Máis de 250 persoas de 41 nacionalidades diferentes reúnense desde hoxe e ata o sábado en Santiago de Compostela para participar na World Trails Conference, o congreso internacional no que se reúnen as mellores rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación de todo o mundo. O congreso permitirá coñecer as experiencias de, entre outros, o Camiño Kumano Kodo -Patrimonio Mundial e irmandado co Camiño de Santiago desde hai 20 anos- e tamén o Camiño Shikoku Henro, co que tamén Galicia mantén férreas alianzas de colaboración.
  • Preto de 200 persoas de 37 nacionalidades diferentes inscribíronse xa na 7ª edición da World Trails Conference, o congreso bianual internacional da rede mundial de camiños e sendeiros World Trails Network, que se celebrará en Santiago de Compostela entre o 26 e o 29 de setembro. O congreso mantén aberto o prazo de inscrición para todas as persoas interesadas en aprender da xestión que se realiza nas máis importantes rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación de todo o mundo que estarán presentes no encontro.
  • Quedou aberta no Museo comarcal de A Fonsagrada a exposición “MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emigrante galego-poeta obreiro”, promovida por Galicia Digital, a familia do escritor e o Concello de Paradela, que permanecerá nesta localidade enclavada no Camiño Primitivo a Compostela ata mediados de outubro. Con este motivo, presentouse o libro “MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, 25 ANOS DESPOIS”, que recolle medio cento de traballos literarios sobre o escritor de Paradela que foi e segue a ser ponte entre os galegos da terra e os da emigración en Catalunya.
  • A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañados polo alcalde de Baiona, Ángel Rodal Almuíña, realizaron esta mañá unha andaina polo Camiño Portugués da Costa promovida por este concello pontevedrés coa que conmemoraron o segundo aniversario do recoñecemento oficial desde itinerario xacobeo, que se fixo efectivo coa entrada en vigor da Lei do patrimonio cultural de Galicia en agosto do ano 2016. Desde que o Camiño Portugués da Costa acadara esta distinción, o número de peregrinos que o percorreron multiplicouse por cinco.
  • Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía o fenómeno meteorolóxico adverso dará comezo maña a partir da 13 horas na zona do Miño, na provincia de Ourense e se estenderá ao suroeste da Coruña; zona do Miño, interior e Rías Baixas, na provincia de Pontevedra; ao sur de Lugo; e á zona de Valdeorras e montaña ourensán, a partir do venres 3 agosto. Poderán alcanzarse 41 graos centígrados na provincia de Ourense e nas outras provincias os valores poderán acadar os 38-39 graos centígrados.
  • Este órgano asesor da Xunta de Galicia vai organizar en 2021 o Congreso mundial 'Santiago de Compostela: camiño do saber, do andar e do crer', que afondará nas tradicións xacobeas e cultos locais en todo o mundo.
  • Os membros da Comisión Executiva do Consejo Jacobeo aprobaron hoxe o logotipo oficial do Xacobeo 2021 a proposta do Goberno galego, que estivo representado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua e a comisaria do Xacobeo 2021. Co fin de actualizar algúns aspectos da marca, o novo logotipo retoma o punto de partida da imaxe anterior polo que a vieira continúa a ter protagonismo como un elemento iconográfico do Camiño de Santiago.
  • Expertos de diferentes partes do mundo participan desde hoxe en Santiago de Compostela na XI edición do curso de verán Leccións Xacobeas Internacionais na Universidade de Santiago que este ano se celebra baixo o lema ‘O Camiño de Santiago no Ano do Patrimonio Cultural Europeo’. Trátase dunha iniciativa formativa que conta co apoio de Turismo de Galicia e que, ano a ano, se converte nun destacado punto de encontro e de reflexión ao redor do fenómeno xacobeo.
  • A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do delegado territorial de Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe xunto ao bispo da Diocese de Lugo, Alfonso Carrasco, o programa de apertura de igrexas no Camiño de Santiago. Grazas a esta iniciativa de colaboración entre o Goberno galego e as entidades eclesiásticas, numerosos templos de diversas rutas xacobeas abrirán este verán. Ao proxecto súmase tamén o existente coa Arquidiocese de Santiago de Compostela, o que permite que os viaxeiros se acheguen ao rico e variado patrimonio cultural existente no Camiño de Santiago.
  • Galicia presidirá durante los próximos dos años el nuevo grupo para promoción cultural y la difusión del próximo Xacobeo en 2021. En una reunión en León, el Pleno del Consejo Jacobeo aprobó la creación de un grupo de trabajo para la coordinación de los preparativos del Año Santo 2021, así como un documento con nuevas directrices de señalización del Camino de Santiago.