Noticias

  • A cuarta edición de Fairway celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia entre os días 8 e 10 de novembro seguindo as recomendacións sanitarias e adaptando o seu formato ao escenario poscoronavirus. Neste sentido, tal e como explicaron os directores da cita, na parte dedicada aos negocios reduciranse os contactos e apostarase por un formato máis dixital o que tamén permitirá incrementar a presencia de intermediarios de todo o mundo. Para iso, os asistentes contarán cun set especial no que poidan teletraballar cunha conexión rápida e segura. A parte dedicada a iniciativas de formación, pola súa banda, funcionará como un espazo para reflexionar sobre o presente e o futuro do Camiño de Santiago desde unha perspectiva global.