O Camiño vai esixir de Vde. os maiores esforzos. ¡Prepárese axeitadamente!.
O resultado será plenamente satisfactorio para o seu corpo e para o seu espírito se procura a axeitada información e se prepara físicamente para o Camiño. É recomendable recabar información das Oficinas de Información ó Peregrino e contactar coa Asociación de Amigos do Camiño máis próxima.
Recoméndase unha preparación física previa, comezando con percorridos curtos para ilos aumentando progresivamente, facéndoos máis longos e difíciles, calzado coas botas que vaia utilizar e cargado coa mochila que vai levar.
Equipaxe
Naturalmente, a relación que segue é indicativa, e cada viaxeiro poderá confeccionar a perfecta relación de elementos que incluír na súa equipaxe, debendo ter en conta que canto menor sexa o peso máis doada será a súa viaxe.
Aínda que ó longo do Camiño atopará solución para calquera carencia, velaquí a nosa suxerencia ó respecto:
- Mochila anatómica, lixeira, con correas e petos
- Botas, coas que teña efectuado a súa preparación física
- 2 camisas, 2 pantalóns, 2 camisetas de algodón
- 3 mudas e 3 pares de calcetíns
- 1 xersei
- Unha prenda lixeira para a choiva e 1 pantalón e 1 chaqueta impermeables.
- Saco de dormir
- 1 toalla
- 1 esterilla
- Chancletas
- 1 bañador
- 1 botiquín básico. Consulte ó seu Farmacéutico (alcohol, gasa, esparadrapo, tiritas, laxante, antidiarreico, aspirinas, crema de protección solar, antiinflamatorio…)
- 1 rolo de papel hixiénico
- 1 neceser (cepillo e pasta de dentes, xel, xabrón, crema hidratante, esponxa, desodorante, peite…)
- Navalla, lanterna, mecheiro, tesouras pequenas, agulla e fío
- 1 sombreiro lixeiro de ala ancha
- 1 gorro
- Gafas de sol
- 1 Bastón
- 1 Cantimplora para a auga
- 1 bolsa con deterxente. Pinzas (para colgar a roupa) e imperdibles (para secar a ropa ó andar, colgándoa da mochila)
- 1 bolsa para a roupa suxa
- Tapóns para os oídos
- 1 par de compresas (Señoras)
- Caderno de notas e bolígrafo
- Credencial do peregrino
- D.N.I., tarxeta da Seguridade Social, Móbil (ou tarxeta), pouco diñeiro en efectivo e tarxeta de crédito
- Opcional: Receptor de radio e cámara fotográfica
Se a viaxe vai efectuala en inverno, incorpore prendas de abrigo.