Siga sempre as frechas amarelas que marcan o Camiño. Nas Oficinas de Turismo poderá obter folletos, e en calquera librería adquirir libros de mapas da ruta a Compostela. Nos tramos do Camiño que coincidan con estradas, camiñe sempre pola beirarúa esquerda. Se o fai en grupo, nunca máis de dous. No caso de camiñar pola noite (aínda que non é aconsellable), utilice reflectantes que permitan ós conductores velo doadamente. Leve sempre consigo algo doce e froitos secos para poder repoñer enerxías no momento en que o seu organismo llo aconselle. Se o calor arrecia, busque un lugar fresco no que poder descansar e inxerir algún líquido. Un litro de auga cunha pequena cullerada de sal e media de bicarbonato permitiralle recuperar os minerais consumidos. Se sofre calambres, hai que aumentar a cantidade de sal. Trate a cantos atope como queira que o traten a Vde., especialmente se se trata de persoas que axudan ós peregrinos. ¡Disfrute do Camiño! ¡Feliz camiño a Compostela!. Consellos ó peregrino. A Sociedade Española de Cardioloxía e a Fundación Española do Corazón confeccionaron un decálogo de consellos, o Decálogo saudable para o peregrino, que reflectimos aquí: 1.- Non fumes e evita o exceso de alcohol e café. 2.- Controla os factores de risco: Hipertensión, diabetes, colesterol alto, obesidade e exceso de peso. 3.- Planifica ben a ruta e a distancia de cada etapa segundo a túa idade e forma física. 4.- Come polo menos cinco racións de froitas e verduras ó día. 5.- Non leves excesiva carga sobre os tes ombros. 6.- Mantén unha dieta equilibrada relacionada co esforzo físico que estás a realizar. 7.- Se sofres de enfermidade cardiovascular, vixía especialmente o teu estado físico durante o percorrido. 8.- Non esquezas unha botica completa de primeiros auxilios e leva o móbil cargado. 9.- Descansa o suficiente. 10.- Goza do Camiño e non teñas présa.
NORMAS DE CONSERVACIÓN E UTILIZACIÓN DA REDE DE ALBERGUES DA S.A. DE XESTIÓN DO PLAN XACOBEO A conservación e utilización da rede de albergues da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo está regulada por unha normativa que delimita os dereitos e deberes dos peregrinos usuarios. Esta normativa destaca: 1. Que os peregrinos a pé ou con limitacións físicas terán prioridade para a ocupación dos albergues do Camiño de Santiago en Galiza. Na escala de prioridades de ocupación, despois dos peregrinos a pé, situaríanse os que percorran a ruta xacobea a cabalo, en bicicleta e os que circulen en coche de apoio. 2. As prazas cubriranse segundo a orde de chegada dos peregrinos aos albergues, sen que en ningún caso, a Xunta de Galicia contemple a posibilidade de facer reservas previas. 3. A utilización do albergue será de pago. O importe é de 3 euros, e inclúe o uso dos servizos das instalacións e pasar a noite. Normas de uso: 4. A estancia será dunha soa noite, salvo en caso de enfermidade ou de forza maior. O horario de entrada será de 13:00 a 22:00 horas. A hora de saída será, como máximo, ás 8:00 horas. 5. As luces apagaranse ás 23:00 horas, agás nas zonas comúns. Os usuarios deberán coidar as instalacións coa debida dilixencia, deixalas ordenadas e limpas, e deberán recoller o lixo nos correspondentes contedores. Prégase non malgastar a enerxía eléctrica e facer uso dos tendais para secar a roupa. |
|||