Notas

  • O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou xunto co alcalde de O Porriño, Alejandro Lorenzo, no acendido da Casa do Concello no marco da iniciativa #AcendeOXacobeo. O municipio uniuse a esta iniciativa e forma parte das 46 localidades galegas que contan con algún dos 54 monumentos iluminados cos logos do Xacobeo e a frecha amarela nas distintas rutas xacobeas para recibir ao segundo ano do Xacobeo, neste caso no Camiño Portugués.
  • Este premio recoñece un traballo sobre a percepción que os e as residentes de Melide e Pedrafita do Cebreiro teñen do Camiño de Santiago, así como unha tese que analiza a eficiencia dos centros especiais de emprego en Galicia. O certame está convocado polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia e o Consello Económico e Social de Galicia.
  • Os Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago estarán dedicados na súa décimo sexta edición a 'Pensar o mundo despois da Pandemia' e están concibidos como unha homenaxe a Emilia Pardo Bazán. O seu programa celebrarase entre os días 18 e 20 en modalidade semipresencial na USC, organizado pola Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) e a Sociedade Galega de Estudos Nipóns.
  • O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou o proxecto ¡BUEN CAMINO!, para ofrecer da man de Google Arts&Culture, 'unha ventá' á singularidade das rutas xacobeas, acadando unha nova universalidade. Con este proxecto, dispoñible en 11 idiomas, Galicia dá un paso máis na dixitalización do Camiño, unha viaxe que se iniciou coa posta en marcha da plataforma Smart Camiño e que continuará coa Estratexia Galicia Dixital 2030.
  • Pola “súa actuación en favor dos principais fitos da ruta xacobea”, o xurado do XXV Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia concedeu este galardón ao ex ministro e antigo secretario xeral da OTAN, Javier Solana de Madariaga. O Paraninfo da USC acolleu a cerimonia de entrega na que, alén do premiado e do reitor Antonio López, tomaron parte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e o presidente do Grupo Compostela, Marek Kręglewski.
  • O Congreso Internacional Comunidades Locais e Camiños de Santiago pretende, baixo o lema ‘Ameazas e alianzas’, afondar no vínculo entre as devanditas comunidades e o fenómeno xacobeo. Entre os días 27 e 30 de outubro, a Facultade de Filoloxía será o escenario no que se respondan cuestións como que pensan as comunidades locais sobre os Camiños; como afectou ao seu modo de vida; ou cal é a imaxe que sobre o visitado ten quen visita.
  • A base de datos de recursos académicos, científicos e didácticos do Camiño de Santiago 'Rede Xacobea' é unha ferramenta que alberga datos dos investigadores vivos, institucións, actividades académicas e revistas dedicadas ao estudo do mundo xacobeo e as peregrinacións. Realizada por Paula Pita Galán, veu a luz como froito dos proxectos de investigación financiados en 2020 ao abeiro da Cátedra do Camiño.
  • Investigadores da Universidade de Santiago desenvolveron unha metodoloxía específica para estudar a capacidade de carga turística do Camiño Francés. Este é un concepto técnico que mide o número de visitantes ou persoas usuarias dun recurso turístico unha vez que se teñen en conta aspectos como a superficie dispoñible, as condicións climáticas ou as limitacións derivadas da xestión administrativa do recurso.
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe a novena edición de Cultura no camiño, o programa da Xunta de Galicia que promove un amplo circuíto de espectáculos escénicos e musicais ata o mes de setembro e que este ano bate o seu récord de participación con 163 concellos adheridos, unha cifra que supón un incremento do 25% respecto ao ano pasado e de máis do dobre en relación á edición celebrada en 2019.
  • O proxecto 'ConArte no Camiño. Belas Artes para a transmisión dos valores universais do Camiño', promovido polo Grupo Compostela de Universidades (GCU), busca achegar os artistas ao entorno do Camiño de Santiago para que adquiran novas experiencias vitais, que sexan fonte de inspiración na creación de obras plásticas e escenografías, e que posteriormente sirvan de vehículos da transmisión do coñecemento e propicien o seu uso didáctico.