A exposición 'O Esplendor do Camiño' exhibe en Fonseca a tradición artesá da pratería e acibeches en Santiago |
Dende este martes 19 de xullo e ata o 24 de setembro, o Salón Artesoado e a Capela do Colexio de Fonseca, acollen esta mostra integrada por un cento de pezas que se estenden entre os séculos XIII e XX.
A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández; o presidente de Ourives de Compostela; Arturo Ouro; o concelleiro de Turismo, Gumersindo Guinarte; e o comisario da exposición, Fernando Martínez Vilanova, presentaron este luns 18 os detalles da mostra nun encontro con medios de comunicación. A vicerreitora subliñou que o convenio específico de colaboración que a USC mantén coa asociación é unha mostra “do noso compromiso co tecido socioeconómico”, se ben vai máis alá porque neste caso está ligado coa propia historia da cidade. Pilar Murias agradeceu a implicación das distintas institucións que apoian esta mostra que conta cunha complexa loxística na súa montaxe, dada a excepcionalidade de moitas das pezas nela exhibidas. De entre todas elas, a vicerreitora destacou tres especialmente emblemáticas e que mostran os lazos da USC con Ourives de Compostela: a vara do mestre de cerimonias, a maza da universidade e a bandexa de votacións.
Gumersindo Guinarte puxo o foco en que esta exposición pon en valor unha actividade artesá de grande importancia e fondamente arraigada, polo que agarda que a mostra sexa punto de referencia e permita dar máis pulo a este colectivo. Pola súa parte, Arturo Ouro destacou que esta é unha iniciativa que representa “unha imaxe potentísima do noso gremio” e que permite “dar a coñecer o noso traballo”, alén de representar un punto de proxección cara ao futuro en base á traxectoria desenvolvida nos últimos séculos e dos que se dá conta a través desta escolla de pezas singulares de grande valor. A mostra inaugurarse este martes 19, a partir das 20.30 horas, no Colexio de Fonseca.
Estrutura da mostra
A selección das pezas responde a criterios de tipoloxía, representatividade, cronoloxía e autoría. Pratería e acibeches, salvando as funcionalidade do seu material, comparten con poucas diferenzas xéneros e tipoloxías, chegando nos derradeiros a converxer e complementarse. Deste xeito, a mostra propón unha estrutura que separara as obras de carácter relixioso e as de carácter civil. E, dentro de cada unha delas, clasifica as pezas en función dos seus usos. Así, entre as pezas relixiosas, poden atoparse cálices, copóns, cruces parroquiais, relicarios, rosarios ou imaxes devocionais, entre outros; mentres que a categoría civil abrangue cuncas, pratos, candeeiros, xoias ou mesmo amuletos.
Artistas como Fernando Mayer, Manuel Lado, Bernardino Otero, Manuel Bacariza, Enrique Mayer, Marcelino, Ricardo Rivas Mejuto, Jorge Cerdeira O Mozo, Ricardo Martínez, José Noboa ou Manuel Dávila danse cita nesta exposición organizada pola USC, Ourives de Compostela e o Concello de Santiago, e realizada grazas ás achegas do propio Concello, da Xunta de Galicia —a través da Axencia de Turismo de Galicia e da Consellería de Cultura, Educación, F.P. e Universidades— e a Deputación Provincial da Coruña.

Universidade de Santiago de Compostela