A Universidade da Coruña inicia este mes a segunda edición do programa Camiño conCiencia |
Esta semana da comezo na Universidade da Coruña a segunda edición do programa Camiño conCiencia 2023/2024, organizado polo Campus Industrial de Ferrol e que combinará a práctica da actividade deportiva xunto coa divulgación científica durante os meses de novembro a xuño de 2024.
Camiño conCiencia é un proxecto de divulgación que mestura contido de investigación co entorno do Camiño de Santiago e unha serie de roteiros pola natureza. Está desenvolvido polo equipo do Campus Industrial de Ferrol desde o ano 2022 grazas ao apoio inicial da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), do Ministerio de Ciencia e Innovación. Diríxeo o equipo formado por Ana Ares Pernas, investigadora do Grupo de Investigación de Polímeros e directora do Campus Industrial de Ferrol; Ginés Nicolás Costa, investigador do Grupo de Investigación LAIL e antecesor de Ana Ares no cargo; e Armando Yáñez Casal, coordinador do Grupo de Investigación LAIL e director técnico do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI).
Na presente edición levaranse a cabo 3 itinerarios fixos, e un cuarto, máis sinxelo e aínda sen pechar, destinado ao público familiar. O primeiro dos percorridos é o Camiño Francés, desde Pedrafita do Cebreiro, que terá lugar un sábado ao mes. Tamén se realizará o Camiño Portugués, desde Valença do Miño, que será un domingo ao mes. Estes dous roteiros non teñen prazas limitadas. Así mesmo, ofrécese un itinerario polo Camiño dos Faros, con inicio na Torre de Hércules, a razón dun domingo ao mes, e que está limitado a 30 prazas.
Ademais, plantéxase a opción dun cuarto Camiño para facer en familia, cun percorrido máis curto co obxectivo de que os máis novos poidan iniciarse neste tipo de actividades.
As persoas inscritas recibirán a credencial oficial do Camiño de Santiago, a credencial do Camiño conCiencia, material deportivo do programa, a Compostela e a “Cienciostela” (similar á Compostela, pero científica), así como contido relacionado coa Ciencia en cada etapa.
A Universidade da Coruña ofrece autobuses de saída desde o Campus Industrial de Ferrol e o Campus de Elviña, na Coruña, así como un autobús de acompañamento durante a etapa. Ademais, todas as xornadas contarán cun guía oficial, que dará información sobre os recursos de interese.
As actividades están abertas para os membros da comunidade UDC e para o público en xeral. O prezo de inscrición para cada roteiro é de 22 euros para os membros da UDC e de 27 euros para o resto de persoas, obtendo un desconto aqueles que participen na totalidade dalgún dos roteiros. Nese caso, o custo do Camiño completo será de 125 euros para os membros da Comunidade UDC e 150 euros para o resto de participantes. A data límite de inscrición para cada actividade é o venres anterior á celebración da mesma.

Universidade da Coruña (UDC)