Conexión Lugo-Sicilia polas Letras Galegas |
Este ano a viaxe (aplazada dous anos polas restriccións derivadas da pandemia), foi á illa de Sicilia, e alí se encontran desde o pasado venres medio cento de membros desta Asociación que preside Ángel Trabada, e alí celebraron o Día das Letras cunha breve intervención do xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación, e o canto colectivo do Himno Galego.
Como o Covid impedíu que Xulio acompañara a expedición, a súa intervención - telemática, como se recolle na fotografía adxunta -, aparte dunha orixinal celebración da Festa da Lingua entre dous paises, constituíu unha especial homenaxe aos autores “alófonos”, como define Alonso Montero aos ue, non sendo galegos, escriben en galego por amor a esta terra e o seu idioma, entre os que ten especial papel Federico García Lorca, cos seus “Seis poemas galegos”.
Os viaxeiros do Camiño voltarán a Lugo na noite do próximo venres.

Amigos do Camiño