O Consello de Europa nomeado Embaixador do Camiño de Santiago polo seu labor de difusión, promoción e coñecemento da Ruta Xacobeo

No caso do Consello de Europa polo seu papel clave para a difusión, promoción e coñecemento da Ruta Xacobea e dos valores asociados á mesma. De feito, dixo, a institución favoreceu o coñecemento e divulgación da ruta, foi o artífice da súa declaración como primeiro itinerario Cultural Europeo en 1987 e ademais promocionou os valores xacobeos como unha herdanza común europea.

A continuación, e logo de precisar que son as institucións e as persoas as que verdadeiramente manteñen a vixencia do Camiño, Feijóo subliñou que cada vez son máis os peregrinos que percorren os distintos Camiños de Santiago. Tanto é así, subliñou, que os últimos datos sitúan en 328.892 o número de peregrinos que chegaron a Compostela este ano, superando a cifra de todo o 2018 e coa previsión de rematar o ano con ao redor de 350.000 peregrinos “nas mellores condicións históricas e con optimismo de cara ao Xacobeo 2021”, engadiu.
Xunta de Galicia