Presentado o I Premio de Poesía 'Camiño de Santiago', co fin de promover e divulgar o fenómeno xacobeo |

Ao certame poderán concorrer, desde hoxe ata o vindeiro 24 de agosto, todos os e as poetas de calquera lugar do mundo que presenten un poemario orixinal en galego ou castelán, cuxo contido oscile entre os 450 e os 550 versos arredor do tema “a vida como camiño” e que manteñan unha vinculación co Camiño de Santiago desde a perspectiva do conxunto do poemario. A obra gañadora recibirá 1500 euros, un diploma acreditativo e a publicación da obra, tanto en galego coma en castelán, pola Editorial Carena. Haberá tamén un accésit sen dotación económica para a mellor obra literaria redactada no idioma que non obteña o primeiro premio.
A decisión do xurado darase a coñecer o 17 de setembro e o premio entregarase nun acto público en decembro de 2019.
Academia Xacobea