Felipe Criado falará no Ateneo sobre a masificación turística de Compostela

O Profesor de investigación do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) Felipe Criado, na conferencia de Os Luns do Ateneo “A explosión do Camiño e o benestar da Cidade”, pregúntase se hai sitio nesta cidade para máis xente que hostaleiros, restauradores e promotores de Airbnb e tentará demostrar que si, cuestionándose temas como a existencia dun proxecto urbano compartido que faga viable un futuro inclusivo, a xestión do Pórtico da Gloria, o desinterese cara ao Patrimonio ou a falta de debate sobre a taxa turística.

O acto terá lugar este luns día 11 ás 20.00 horas na sede de Afundación de Santiago (Rúa do Vilar, 19), permitíndose o acceso libre e gratuíto ata completar o aforo máximo e rematando cun debate co público asistente. Ademais, a conferencia tamén se poderá seguir en directo a través da páxina web e as redes sociais do Ateneo de Santiago.
Ateneo de Santiago